- A concellaría de Educación subvenciona distintas necesidades e actividades extraescolares dos centros de ensino ademáis de programar Sada Educa.
Sada 3 outubro 2016
Durante a pasada semana a concelleira de Educación, Xuventude e Saúde, a socialista Raquel Bolaño, estivo a asinar once convenios con centros escolares e anpas polos que o concello destinará preto de 90.000 euros a subvencionar actividades extraescolares e necesidades dos centros de ensino municipais.
Coa firma destes convenios a concellería de educación subvenciona as actividades extraescolares dos centros, á marxe da oferta propia de actividades que tamén ofrece por medio de Sada Educa, polo que segundo palabras de Bolaño "existe unha total implicación en educación pola conciliación e unha excelente disposición para con todo o sector educativo."
Destaca a achega ao colexio Pedro Barrié da Maza xa que a concellaría tamén subvenciona ao ANPA o comedor, "polo que o servizo mantense grazas a importantes fondos da concellaría", indica Raquel Bolaño quen ademáis conveniou co citado colexio a cesión de prazas de comedor para dispor na concellería e destinar a familias sen recursos.