Sada e Acerga asinan un convenio de colaboración

24 / MAI / 2021

Sada e Acerga asinan un convenio de colaboración

A concellería de Promoción económica do Concello de Sada asinou esta mañá un convenio de promoción de emprego xunto a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia, ACERGA, co obxecto de definir un Plan de Traballo a longo prazo que permita poñer en valor o oficio no sector do cerco entre a poboación.

 

Sada, 24 maio 2021.

O convenio asinado esta mañá tratará de dar resposta á falta de relevo xeracional nun sector así, ACERGA, busca tripulantes para os seus barcos e por esa razón crea esta Rede de Emprego na que Sada acaba de incluirse.

Entroutros puntos a Concellería que dirixe Laura Rodriguez comprometese a proporcionar información voluntariamente a través dunha entrevista sobre temas de interese en materia de fomento de emprego no sector pesqueiro, particularmente no cerco.

É importante destacar que este sector, a pesca de cerco é un oficio tradicional en contacto directo coa natureza e supón unha actividade sostible e respectuosa co medio ambiente.

 

 

Arquivado en