Sada e Cambre pon en marcha o segundo obradoiro de emprego e formación en atención sociosanitaria

24 / SEP / 2016

Sada e Cambre pon en marcha o segundo obradoiro de emprego e formación en atención sociosanitaria

ACTUALIZADO 24 SETEMBRO 2016

O Concello de Sada, xunto ao de Cambre, porá en marcha un programa de emprego e formación financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, dirixido a persoas desempregadas e inscritas no Servizo público de Emprego.

- Bases selección de persoal e alumnado

Baremo alumnado Obradoiro Emprego Cambre Sada II

Acta I - Comisión Seleccion do 29/08/2016 

- 24/9/2016 -  Listaxe definitiva do Alumnado do Obradoiro de Emprego "Cambre-Sada Atención Sociosanitaria II" - Alumnado 1 - Alumnado 2

- 24/9/2016 -  Listaxe definitiva do Persoal do Obradoiro de Emprego "Cambre-Sada Atención Sociosanitaria II" - Personal 1 - Personal 2

- 19/9/2016 - ANUNCIO CORRECCION ERROS OBRADOIRO 2016

- 19/9/2026 - ANUNCIO SELECCION PERSOAL OBRADOIRO CAMBRE-SADA

- 19/9/2016 - ANUNCIO SELECCION ALUMNADO-TRABALLADOR OBRADOIRO CAMBRE-SADA


Trátase dun segundo obradoiro de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais no que se dará formación a un total dun vinte persoas, dez de cada concello, e na que participa activamente a AEDL da Concellería de Urbanismo e Emprego de Sada.

Estas persoas, desempregadas, terán un contrato de traballo e adquirirán formación e experiencia necesarias para obter o certificado de profesionalidade nesta ocupación. As persoas interesadas en participar no obradoiro deberán soliclitarlo na Oficina de Emprego de Monelos, ter como mínimo ESO, segundo de BUP, Ciclo Formativo, FP, certificado de profesionalidade nivel 2, probas de acceso á Universidade.

A duración é de seis meses e desenvolverase entre setembro deste ano a marzo de 2017.

Arquivado en