- O obradoiro podería empregar e formar á vez a vinte persoas durante un prazo de nove meses.
- O proxecto formativo solicitado terá un coste de 290.000 euros e espérase que ambos os dous concellos poidan convocalo este mesmo ano
Sada, 24 de marzo de 2017.
O alcalde de Sada, Benito Portela, e o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asinaron un acordo para solicitar de forma conxunta un obradoiro de emprego no campo da Atención Sociosanitaria con formación específica en xeriatría e discapacidade.
O obradoiro podería empregar e formar á vez a vinte persoas durante un prazo de nove meses. O Concello de Sada e o de Cambre xa puxeron en marcha nos últimos anos proxectos similar no mesmo campo da atención a personas dependientes en instituciones sociais e que está a dar uns espléndidos resultados de inserción laboral.
O proxecto formativo solicitado terá un coste de 290.000 euros e espérase que ambos os dous concellos poidan convocalo este mesmo ano.
Segundo os rexedores, este proxecto é unha oportunidade para moitos desempregados que poderán acceder a unha formación específica e a un contrato laboral ao mesmo tempo.
Este programa de emprego é unha fórmula que está a funcionar no obxectivo da inserción laboral nun programa mixto de formación e emprego, no que os alumnos traballan e ao mesmo tempo acadan un certificado de profesionalidade.
A Atención Sociosanitaria é un campo en contínuo crecemento en relación á inserción laboral. Na actualidade, os datos dos que dispón o Concello amosan un 70% de inserción laboral dos alumnos participantes nos últimos obradoiros.