22 / NOV / 2021
A concellería de Benestar Social convoca á cidadanía a unha concentración o vindeiro xoves 25 de novembro ás 12:00 na Praza de San Roque
A concellería de Benestar Social e Igualdade fai un chamamento aos locais, establecementos, entidades, clubes deportivos, escolas, etc. para que, ao igual que en anos anteriores, se vistan de negro aproveiteando a cartelería doutros anos noutra edición de "Sada en Negro" con motivo do Día Internaciónal da Eliminación da Violencia contra a Muller.
"Que deixen voar a sua imaxinación para sacar unha foto que visibilice a súa repulsa á violencia de xénero", sinala a concelleira Isabel Reimundez. As fotos deben enviarse a sadaennegro@gmail.com e posteriormente iranse publicando na web e redes sociais do Concello de Sada
Ademáis convoca convoca á cidadanía de Sada a unha concentración o vindeiro xoves 25 de novembro ás 12:00 na Praza de San Roque