Sada énchese de actos culturais, sociais e deportivos o venres 5 de abril

04 / ABR / 2019

Sada énchese de actos culturais, sociais e deportivos o venres 5 de abril

Hoxe venres 5 de abril Sada vivirá unha intensa xornada de actos culturais, deportivos e sociais organizados por diferentes asociacións locais coa colaboración do Concello de Sada

PRESENTE/FUTURO DO BALONCESTO GALEGO

A partir das 19:00 non salón de plenos do Concello de Sada, terá lugar a Mesa Redonda O PRESENTE E FUTURO DO BALONCESTO GALEGO.

Organizada polo club baloncesto Golfiños Sada e moderada polo xornalista deportivo Fran Hermida, contará coa participación do Presidente da Federación Galega de Baloncesto, representantes do Basquet Coruña, do Celta Baloncesto Feminino, do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto do CB Breogán, do CB Maristas Coruña e do Obradoiro CAB.

A xornada, de portas abertas, se levará a cabo coa colaboración do Concello de Sada e a Federación Galega de Baloncesto.

CHARLA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Montse Pena Presas, autora do libro "Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia", departirá na Biblioteca Municipal a partir das 19:30 na Biblioteca Municipal de Sada.

A charla, de entrada libre  ata completar aforo, a organiza a Biblioteca Municipal dentro dos actos do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e conta coa colaboración da AC Irmáns Suárez Picallo e da Concellería de Benestar Social e Igualdade, Servizos Sociais.

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN DE PERRILLA E CONCERTO DE OVERLOOK

Seguindo cos actos da xornada de mañá a partir das 20:00 na Capela de San Roque terá lugar a inauguración da exposición de Talia Perrilla dentro dos actos programados polo Movemento Cultural ESPERTO para o mes de abril. A inauguración servirá tamén para poder ver en directo o debut da banda OVERLOOK.

O Movemento Cultural Esperto programa ademáis desde abril a setembro diversas mostras de pintura no Hotel Alda Sada Marina. Durante este mes poderase contemplar a exposición de Maru Díaz Naya, a quen seguirán en maio David Suárez (Geppe), en xuño Yanina Torres, en xullo Abel Barandela, en agosto Manuel Suárez de Concha e en setembro La Niña del Arco Iris  

MEMORIA DA CRUZ VERMELLA

Para finalizar a axenda da tarde do venres 5 de abril a delegación da Cruz Vermella de Sada presentará a súa memoria de actividades 2018. A cita terá lugar na Fabrica de la Imagen a partir das 20:30 horas.

Arquivado en