20 / ENE / 2021
O alcalde de Sada participou esta mañá na reunión por videoconferencia coa Consellería de Sanidade dos alcaldes dos municipios en situación de nivel máximo de restriccións da área sanitaria da Coruña e Cee.
Sada, 20 xaneiro 2021
O alcalde de Sada, Benito Portela trasladou a súa preocupación pola situación de contaxios actual e xunto cos demáis alcaldes solicitou aclaracións as medidas que a partir desta medianoite entrarán en vigor en Sada.
En base ao informado na reunión o Concello de Sada lembra que a partir mañá non estará permitido a entrada/saída do municipio polo que só se atenderá presencialmente na administración local a persoas empadroadas en Sada. No caso que se necesite convocar unha reunión con algún departamento ou Concellería deberase chamar por teléfono ao departamento ou solicitar Cita Previa indicando os datos de contacto para poder convocar unha reunión telemática.
Pódense comrobar todas as restricións que afectan ao noso Concello aquí