Sada, espazo seguro a campaña de confianza e novas tecnoloxías para o comercio e a hostalería local

04 / XUL / 2020

Sada, espazo seguro a campaña de confianza e novas tecnoloxías para o comercio e a hostalería local

Un selo de confianza, unha tenda online e códigos QR son as novas medidas da Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego para apoiar a reactivación do Comercio e Hostalaría sadenses dentro da campaña “Sada, espazo seguro”.

Os establecementos con interese en sumarse á campaña Sada, espazo seguro, poderán solicitar información a través do correo turismo@sada.gal e do teléfono 981620075.

Sada 3 xullo 2020.

O Concello de Sada, a través da Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, presenta a campaña “Sada, espazo seguro” para apoiar a reactivación do comercio e hostalaría local e recoñecer o esforzo do tecido empresarial sadense nos protocolos de seguridade polo Covid-19.

Dentro desta campaña o Concello de Sada expedirá selos de confianza entre os locais que se adhiran e garantan o cumplimiento do Protocolo e guía de boas prácticas dirixidas ao establecemento comercial en establecimiento físico e non sedentario do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. "Ademais de recoñecer o esforzo realizado polos establecementos locais para a súa reapertura na desescalada con esta medida tratarase de gañar a confianza da veciñanza e minimizar os riscos sanitarios e económicos a través do consumo responsable" afirma Laura Rodríguez, concelleira das áreas.

Esta aposta pola seguridade reforzarase coa implementación de códigos QR para a Hostalaría aos que se lle ofrecerá de xeito gratuíto a posibilidade de transformar as súas cartas en códigos QR para adaptarse así á normativa actual contra a Covid-19, que prohibe o uso de cartas individuais.

En relación aos comercios de Sada, e de cara ao futuro, o Concello ofreceralles a posibilidade de participar nunha plataforma virtual de ventas cuxo proxecto xa están a estudar a modo de mercado en liña onde estean representados aqueles establecementos ou persoas autónomas do sector que desexen vender os seus produtos na rede.

Estas accións súmanse a outras medidas coas que o Concello de Sada está apoiando o comercio e a hostalería no seu regreso á actividade. Entre elas, destaca a moratoria no cobro de impostos, a posibilidade de modificar terrazas en vía pública ou o reparto de elementos informativos e de material de prevención e seguridade.

Arquivado en