O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé lois Súarez Becerra, manterá reunións de traballo con responsables de Turismo de rexións, vilas e cidades de distintas zonas do territorio do Estado español e mesmo de urbes estranxeiras coma pode ser a irlandesa Cork.
O concelleiro nacionalista aproveitará tamén o traballo en FITUR para presentar material multimedia a Padroados, Administracións e axentes turísticos baseado en eventos realizados en Sada como a Cervefeira Artesá, a Feira Modernista,ArteSada,as fotos gañadoras do certame fotográfico Trasmallo ou mesmo do vindeiro Trail Costa Doce
Sada, 15 Xaneiro 2016
Sada terá presenza en Fitur 2016. O concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Xose Lois SuárezBecerra, desprazaráse a Madrid para representar á vila mariñanana feira máis sobranceira en canto a Turismo se refire a nivel europeo.
O concelleiro manterá reunións de traballo con responsables de Turismo de rexións,vilas e cidades de distintas zonas do territorio do Estado español e mesmo de urbes estranxeiras coma pode ser a irlandesa Cork,coa que se pretende establecer un programa de intercambio a nivel informativo, cultural, patrimonial,histórico ou turística que abrirá,segundo afirma o edil sadense, “unha enorme vía de expansión de Sada cara a un mercado que ofrece infinitas posibilidades de dinamización a todosos niveis e que ata o de agora estaba pechado para nós”.
Os encontros e xornadas de traballo continuarán con representantes de vilas andaluzas como Sanlúcar, Rota ou Chipiona coas que xa se iniciaron contactos nunhas xornadas do GAC celebradas en Novembro pasado tendentes a “implementar proxectos de común interese desde o punto de vista do turismo mariñeiro,gastronómico ou social”.
Outra das bases sobre as que pivota esta rolda de xuntanzas é, coma dí Becerra,profundizaren experiencias de corte ambiental postas en práctica en vilas coma Hondarribia(Guipúzcoa) nas que existen humedais protexidos de similares característicasao de As Brañas sobre o que se iniciou xa o trámite para a declaración de Espazo Natural de Interese Local para “poder intercambiar impresións con expertos en todos os campos que atinxen á conservación,protección e divulgación de valores medioambientais que complementen as que xa temos de expertos galegos co fin de converter Sada nun exemplo de referencia neste eido”.
As xornadas da Feira servirán tamén para seguir profundizando na creación dunha rede de vilas mariñeiras de Euskadi,Cantabria,Asturias e Galicia que “traballen da man de cara á acción conxunta en actividades dun carácter explícitamente relacionado co Turismo Náutico e o desenvolvemento económico”.
O concelleiro nacionalista aproveitará tamén o traballo en FITUR para presentar material multimedia a Padroados,Administracións e axentes turísticos baseado en eventos realizados en Sada como a Cervefeira Artesá,a Feira Modernista, ArteSada, as fotos gañadoras do certame fotográfico Trasmallo ou mesmo do vindeiro Trail Costa Doce que se celebrará en Sada o 24 deste mes co obectivo de “comezar a ter presencia nestes importantes eventos de carácter internacional nos que Sada non estaba e dos que se pode sacar moito partido de cara ao Futuro máis inmediato coma xa amosou a nosa presencia no Fairwayde Valladolid”.