Sada facilita canles oficiais para priorizar as doazóns que garantan apoio á poboación ucraína afectada

15 / MAR / 2022

Sada facilita canles oficiais para priorizar as doazóns que garantan apoio á poboación ucraína afectada

Desde o Concello de Sada se sinala que "sabemos que hai moita vontade por parte da veciñanza de Sada de colaborar co pobo ucraíno, mais precisamos facelo de xeito organizado e coordinado, escoitando as recomendacións das administracións públicas e das ONG competentes, para non entorpecer a materialización da axuda". Achegamos tamén a GUÍA OPERATIVA PARA A COORDINACIÓN DA PREVISIÓN DE CHEGADAS E A RECEPCIÓN DE PERSOAS DESPLAZADAS POLO CONFLITO EN UCRAÍNA

COMUNICADO CONXUNTO DA XUNTA DE GALICIA, FEGAMP, COORDINARORA GALEGA DE ONGD, FARMACEUTICOS MUNDI, MEDICOS DEL MUNDO, UNICEF, CRUZ VERMELLA, EDUCO, ENTRECULTURAS, ACNUR, AXUDA EN ACCIÓN, MOVIMIENTO POR LA PAZ EL DESARME Y LA LIBERTAD, E FONDO GALEGO POLA SOLIDARIEDADE.

A dificultade para facer chegar os bens doados, o traballo de clasificación dos mesmos, os gastos de transporte e aduanas, e outras cuestións semellantes están a facer que as ONG,s e voluntarios que están sobre o terreo se vexan desbordados e non sempre se poida garantir a entrega final dos bens a quén realmente os precisa.

Por iso, seguindo as indicacións do Goberno do Estado, da Coordinadora de Organizacións para o Desenvolvemento, do Fondo Galego para a Cooperación e Solidariedade e da FEGAMP facilitamos os seguintes datos para a canalización da solidariedade que debe priorizar as achegas económicas ca certeza de que serán xestionadas por unha das ONG que están dando apoio á poboación ucraína afectada, garantindo a compra do que realmente precisan e a súa distribución.

A Secretaría do Estado de Cooperación Internacional traslada as seguintes vías de canalización das achegas económicas:

- Coordinadora Galega de ONGD

- Coordinadora Española de ONGD

- Cruz Vermella, Media Lúa Vermella e Comité Internacional da Cruz Vermella

- Oficina de Coordinación para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas. Contribución a través do Fondo Humanitario para Ucraína

- ACNUR (Axencia das Nacións Unidad para as Persoas Refuxiadas)

Calquera iniciativa é de agradecer pero temos que tratar de facelo o mellor posible para lograr minimizar a emerxencia humanitaria provocada pola invasión do exército ruso.

GUÍA OPERATIVA PARA A COORDINACIÓN DA PREVISIÓN DE CHEGADAS E A RECEPCIÓN DE PERSOAS DESPLAZADAS POLO CONFLITO EN UCRAÍNA

PAUTAS PARA A COORDINACIÓN EN MATERIA DE INFORMACIÓNS SOBRE AS PREVISIÓNS DE CHEGADA A ESPAÑA:

 FORMULARIO PARA PARTICULARES: A través dun formulario web , como do correo electrónico apoyo.ucrania@inclusion.gob.es, as empresas, entidades do Terceiro Sector, particulares, ou calquera outra entidade poderán informar de calquera previsión de chegada de cidadáns ucraínos desprazados, e proporcionar os datos aos que se refire o apartado anterior.

 TELÉFONO DE INFORMACIÓN GRATUÍTO: Habilitouse un número de teléfono gratuíto de información sobre acollida a cidadáns ucraínos, así como de cita para ser atendido nos centros de recepción: +34 91 047 4444. 2.

COORDINACIÓN TERRITORIAL DA CHEGADA E RECEPCIÓN DE PERSOAS DESPLAZADAS: Dende as Delegacións do Goberno convocaranse reunións de coordinación territorial para a chegada e recepción de persoas desprazadas en cada comunidade autónoma. A Fegamp estará presente nesas xuntanzas.

 ASISTENCIA SANITARIA A PERSOAS REFUXIADAS: A solicitude de información e consulta en relación ao acceso á asistencia sanitaria das persoas afectadas polo conflito en Ucraína, realizarase no enderezo ucraniaasistenciasanitaria@ingesa.sanidad.gob.es. Lembramos que as persoas deberán contar cun resgardo acreditativo de presentación de solicitude da condición de solicitante de protección temporal expedido pola Policía Nacional.

 

Arquivado en