Esta mañá celebrouse na alcaldía o acto polo que se asinou o convenio para o desenvolvemento do programa de educación ambiental “Educando na Biosfera 2022/2023”coa presenza da alcaldesa María Nogareda Marzoa; a concelleira de Servizos sociais, Saúde e Infraestruturas, María Soraya Salorio Porral; o concelleiro de Educación, Xuventude, Emprego e Desenvolvemento, Sergio García López; e o Presidente do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, José Antonio Santiso Miramontes
SADA_PROPOSTA_PROGRAMA EDUCANDO NA BIOSFERA_2022-2023
O Concello de Sada foi o primeiro do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo que apostou polo Programa Educando na Biosfera. Foron precisamente dous centros educativos do Concello de Sada (os CEIP Sada y sus Contornos e o CEIP Pedro Barrié de la Maza), onde botou a andar a primeira edición do Programa no curso escolar 2016 – 2017.
Este é a séptima edición do Programa Educando na Biosfera no Concello de Sada. Evolución do Programa Educando na Biosfera no Concello de Sada. O Programa foi incrementando a súa oferta temática, incorporando novas actividades relacionadas coas ciencias sociais, alimentación saudable ou a igualdade; adaptándose ás necesidades e suxerencias do profesorado, incorporando á súa oferta de actividades (charlas, talleres, saídas) a participación de expertos e profesionais relacionados coas diferentes temáticas. Na actualidade, estas actividades están englobadas en 6 grandes bloques: 1. Alimentación saudable e produto de proximidade 2. Arte e patrimonio cultural 3. Fomento da biodiversidade 4. Igualdade e ciencias sociais 5. Natureza e territorio 6. Cambio climático e sostibilidade dos recursos
Cada ano incorpóranse novas propostas temáticas, atendendo ás demandas dos centros e adaptando os contidos para todos os niveis educativos (infantil, primaria, secundaria e bacharelato). 3 Comunidade Educativa que participa no Programa
Na actualidade a totalidade dos centros educativos do Concello de Sada participan no Programa Educando na Biosfera: - CEIP O Mosteirón - CEIP Pedro Barrié de la Maza - CEIP Sada y sus Contornos - IES Isaac Díaz Pardo - IES O Mosteirón
CURSO ESCOLAR 2021 – 2022
Participaron no Programa Educando na Biosfera un total de 1.077 alumnos/as dos diferentes centros educativos do Concello de Sada, pertencentes a Educación Infantil, Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato. Realizáronse un total de 83 horas lectivas distribuídas entre charlas, talleres/obradoiros e saídas.
CURSO ESCOLAR 2022– 2023
Para o actual curso escolar 2022 – 2023 a proposta de actividades enmarcadas dentro do Programa Educando na Biosfera é de 28 actividades en total englobadas en 6 grandes bloques:
- Alimentación saudable e produto de proximidade
- Arte e patrimonio cultural
- Fomento da biodiversidade
- Igualdade e ciencias sociais
- Natureza e territorio
- Cambio climático e sostibilidade dos recursos
- As actividades seleccionadas polos diferentes centros educativos para o curso 2022 – 2023, suman un total de 78,5 horas lectivas, realizándose unha media de 15,7 horas por centro.
Durante este curso 2022 – 2023 participarán, no Programa Educando na Biosfera no Concello de Sada, UN TOTAL DE 985 RAPAZAS E RAPACES, de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato. As actividades seleccionadas polos centros educativos, permitirán traballar as seguintes temáticas coa comunidade educativa:
- Daranse a coñecer os recursos naturais, culturais e etnográficos da Reserva de Biosfera e o Concello de Sada coa realización de visitas guiadas e talleres a:
- Cerámicas O Castro – Sargadelos
- Centro Internacional da Estampa Contemporánea (Fundación CIEC)
- Diferentes espazos do Concello de Sobrado dos Monxes - Os usos tradicionais das plantas a través de talleres de elaboración de xabón artesanal e estampación textil.
- Darase a coñecer a biodiversidade asociada ao territorio coa realización de talleres de:
- Debuxo da natureza
- Obradoiros nos que se dará a coñecer o mundo dos fungos
- Concienciarase sobre o consumo responsable dos recursos naturais e a reutilización orientado a diminuír a xeración de residuos a través de:
- Talleres de cestería de papel
- Obradoiros de papel reciclado
- Charlas sobre o ciclo da auga
- Visita á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Concello de Sada.
ACTIVIDADES SELECCIONADAS POLOS CENTROS EDUCATIVOS PARA O CURSO 2022-2023
CEIP O MOSTEIRÓN: - Usos tradicionais das plantas: Taller de elaboración de xabón artesanal. - Usos tradicionais das plantas: Estampación Téxtil - Obradoiro de cestería de papel
CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA: - Usos tradicionais das plantas: Taller de elaboración de xabón artesanal. - Usos tradicionais das plantas: Estampación Téxtil - O bosque dos sentidos: visita guiada a Sobrado e realización de taller de cultivo de shiitake
CEIP SADA Y SUS CONTORNOS: - Taller Debuxando a natureza - Obradoiro de Cerámica e visita á fábrica de cerámicas O Castro - Sargadelos - Visita e taller no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (Fundación CIEC)
IES ISAAC DÍAZ PARDO - O Mundo dos Fungos: Obradoiro de cultivo de Shiitake - O ciclo da auga na Coruña e a súa área metropolitana: Xogo “A Auga non para” - Visita a un recurso do territorio: EDAR de Sada
IES O MOSTEIRÓN - Obradoiro de Cerámica e visita á fábrica de cerámicas O Castro - Sargadelos - Visita e taller no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (Fundación CIEC) - O Mundo dos Fungos: Obradoiro de cultivo de Shiitake - Reciclando e sementando: Obradoiro de papel reciclado