SADA FLETA UN AUTOBÚS GRATUITO PARA ACUDIR A VIII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

15 / NOV / 2019

SADA FLETA UN AUTOBÚS GRATUITO PARA ACUDIR A VIII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Sada freta un autobús gratuíto á VIII Andaina contra a Violencia de Xénero do sábado 23 de novembro organizada polo Consorcio das Mariñas. A marcha a pé trátase dun percorrido circular que parte ás 10:30 do Centro cultural A Fábrica de Perillo e termina no mesmo sitio tras 5 quilómetros de marcha.

Inscrición en liña para acudir no autobús á VIII Andaina contra a Violencia de Xénero

O Bus gratuíto de Sada partirá ás 9:45 da mañá fronte ao edificio do Concello de Sada. A volta está prevista para ás 12:45- 13:00 desde o Centro Cultural A Fábrica. A concellería pon a disposición da veciñanza 55 prazas no autobús gratuito.pra As prazas son limitadas a 55.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 19 de novembro a través do formulario, no correo plan.igualdade.sada@gmail.com ou chamando ao 981 62 05 67, deixando nome, apelidos, teléfono e DNI. As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os por un /unha maior de idade.

A actividade enmarcase na programación do 25N Día Internacional contra a Violencia contra a Muller. Está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad, a través da Secretaría de Estado de Igualdad e o Pacto contra a Violencia de Xénero.