Sada garante os salarios do persoal das empresas concesionarias de servizos públicos do Concello

25 / MAR / 2020

Sada garante os salarios do persoal das empresas concesionarias de servizos públicos do Concello

-O Concello de Sada quere evitar con esta medida que as empresas concesionarias de servizos  presenten un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) entre os seus traballadores, asegurando o salario íntegro das plantillas durante a crise do COVID19.

Resolución Alcaldía sobre medidas en materia de contratación como consecuencia do estado de alarma COVID-19

Sada, 23 marzo 2020.

O alcalde de Sada, Benito Portela, asinou unha resolución relativa ás medidas en materia de contratación pública para paliar as consecuencias do COVID-19. Ditas medidas afectan tanto ao procedemento como á execución dos contratos, establecéndose para esta última diferentes medidas.

Esta resolución establece, con carácter xeral, a suspensión automática dos contratos públicos de servizos e de subministros de prestación sucesiva, vixentes á entrada en vigor do real decreto lei, cuxa execución deveña imposible como consecuencia do COVID-19 ou as medidas adoptadas para combatilo, dende que se producira a situación de feito que impedise a súa prestación e ata que dita prestación poida reanudarse.

Unha das medidas máis significativas da resolución da alcaldía é o abono ao contratista dos servizos dos danos e prexuízos efectivamente sufridos por éste durante o periodo de suspensión, previa solicitude e acreditación fehacente da  súa realidade, efectividade e contía polo contratista.

Por medio desta medida o Concello de Sada garante os salarios dos postos de traballo das empresas concesionarias de servizos  públicos. O goberno local quere evitar que as empresas concesionarias de servizos  presenten un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) entre os seus traballadores asegurando o mantemento íntegro das plantillas durante a crise do COVID19. E no caso que o presenten o Concello cubrirá a diferencia do que se cobraba normalmente coa renumeración recibida.

Portela, subliña que “o obxectivo prioritario desta medida é preservar todo o emprego” das empresas concesionarias de servizos no Concello de Sada “para que non teñan que verse abocadas a despedir ao persoal a través dun ERTE”.

“As administración temos o deber de garantir os ingresos das clases traballadoras sobre todo nun momento como o actual”, sinala Portela.

 

Arquivado en