A Concellaría de Obras e Servizos acondicionou un novo aparcadoiro nunha parcela lindeira ao camposanto de Mondego reflectida no Plan Xeral de Ordenación Urbana como zona de equipamento.
Sada, 29 novembro 2020
Sada ampliou a dotación de servizos na parroquia de Mondego, ao acondicionar unha nova parcela para dar servizo ás persoas que acudan ao cemiterio. O Goberno municipal optou por mercar unha parcela lindeira ao camposanto para habilitala como zona de aparcadoiro. Con iso dá resposta a unha histórica demanda veciñal, xa que, até o momento, as persoas que acudían a este recinto non tiñan onde estacionar os seus vehículos e optaban por ocupar as marxes da calzada para aparcar.
A parcela, cunha superficie de 1.465 metros cadrados, aparecía reflectida xa no Plan Xeral de Ordenación Urbana como zona de equipamento para expropiar, mais finalmente o executivo chegou a un acordo coa propietaria, o que acelerou os trámites de adquisición do terreo. Neste sentido, aboóuselle un prezo similar ao previsto se se realizase a expropiación.
O Concello destinou unha partida de 10.000 euros para a adquisición da leira e as previsións que manexan desde o executivo local apuntan a que hoxe finalizarán os traballos de acondicoinamento e estará dispoñible para os usuarios.
“Hai que agradecer a disposición dá propiedade, que permitiu acurtar vos prazos para dotar a esta parroquia dun espazo que era necesario”, indicou o alcalde, Benito Portela que, como responsable de Urbanismo, foi quen asistiu ao cambio de titularidade do terreo para aparcadoiro.
Este investimento, destacan desde o goberno municipal, “é unha dás medidas de incremento de espazo públicos nas parroquias que se verá complementada nos vindeiros meses con máis accións de equipamentos”.