A concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego, habilitará mañá martes un punto violeta na praza Irmáns Suárez Picallo de 20:00 a 03:00 para previr, asesorar e atender ante posibles condutas de violencia sexual durante estas Festas
O Concello da Sada habilitará mañá martes un punto violeta para previr, asesorar e atender ante posibles condutas de violencia sexual durante a actuación da orquestra Panorama. O punto estará instalado na entrada á praza Irmáns Suárez Picallo dende o aparcadoiro, xunto á carpa de Cruz Vermella.
A concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego instalará o punto violeta na súa versión nocturna, de 22:00 a 3:00 horas, máis enfocado a ofrecer un servizo especializado na atención psicolóxica as posibles vítimas de agresións sexuais, reforzado coa incorporación dunha psicóloga experta nestes casos.
O punto violeta estará constituido por un grupo de especialistas en Igualdade: Técnicas/os, Psicólogas/os, Educadoras/es e Promotor/a de igualdade. Terán ademais formación específica para tratar de concienciar e poder previr as agresións sexuais e prestar atención e apoio ás vítimas. Terán ademais formación específica para tratar de concienciar e poder previr as agresións sexuais e prestar atención e apoio ás vítimas. Todo o persoal profesional vestirá unha camiseta cor violeta e un suadoiro con violeta, ademais de acreditación identificativa con nome propio e perfil profesional.
No caso de que unha muller ou outra persoa presencie ou sufra abusos, poderá acudir ao punto en busca de apoio e atención, nun momento extremadamente delicado. No caso das agresións físicas, as traballadoras do punto serán as encargadas de contactar co dispositivo sanitario presente no evento, os corpos de seguridade ou ben cos servizos de emerxencias.
PUNTO VIOLETA NO DÍA DA XUVENTUDE
O Concello de Sada, a través da concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego, instalou un Punto Violeta no Día da Xuventude o pasado sábado 12 de agosto, no que se ofreceu sensibilización, concienciación e atención relativa a calqueira tipo de agresión sexual; coa finalidade de previr este tipo de agresións e conseguir disfrutar da festa dende o respeto as mulleres.
A concellería de Benestar Social, Igualdade e Emprego instalou o punto violeta na súa versión nocturna, de 22:00 a 4:00 horas, máis enfocado a ofrecer un servizo especializado na atención psicolóxica as posibles vítimas de agresións sexuais. Factores como o alcohol ou as aglomeracións de persoas, son utilizados como pretexto no contexto das agresións sexuais durante as festas. Malia que a seguridade está presente neste tipo de espazo, é conveniente tamén contar con protocolos para evitar as agresións machistas, cada vez máis denunciadas.
A NECESIDADE DO PUNTO VIOLETA
A necesidade de contar con puntos de atención como o punto violeta, faise evidente ao examinar os datos reais relativos ás agresións sexuais. A taxa de esclarecemento (a porcentaxe de casos nos que os autores son localizados e detidos) dos delitos contra a liberdade e indemnidade sexual sitúase no 80,7 por cento no primeiro trimestre de 2022. En concreto, a taxa de esclarecemento dos abusos sexuais é do 83,1 por cento, a dos abusos sexuais con penetración do 84,4 por cento, a das agresións sexuais é do 79,4 por cento, e a das agresións sexuais con penetración é do 84,4 por cento segundo o informe do Balance de criminalidade do Ministerio do Interior do primeiro trimestre 2022.
Xunto a este dato, hai que engadir a existencia doutros 12.224 delitos contra a libertade e a indemnidade sexual, que incluen aquelas agresións sexuais sen penetración, entre outros delitos. Outro dato relevante neste contexto, son as 134 agresións sexuais múltiples producidas en España dende o ano 2016, 42 de elas no ano 2019; tal e como documenta a base de datos Xeoviolencia Sexual.
Os datos mostran que non se trata de casos illados xa que en España, denúnciase unha violación cada 5 horas, segundo datos do Ministerio de Interior. Neste sentido, cómpre resaltar que as denuncias son só a punta do iceberg e non reflicten a realidade deste tipo de violencia, posto que son moitas as vítimas que non chegan a denunciar.