Posiblemente teñamos unha repunta de vespa velutina nas próximas semanas, sinala a Concelleira de Medio Ambiente, Marisa Rúa, xa que o confinamento impediu que moitos veciños puidesen prepararse para a praga, que xa se converteu en habitual cada verán en Galicia”.
Sada 11 xuño 2020.
O concello de Sada a través da Concellería de Medio Ambiente vén de habilitar unha canle directa de avisos e recollida de datos contra a Velutina.
Desde a Concellería, xestionada por Marisa Rúa, indícase que a partir de agora recolleránse todas as solicitudes de retirada de niños de velutinas e ofrecerase información a toda a veciñanza sobre as accións a realizar se se observa un niño de velutinas en calquera parte do municipio no correo electrónico velutinas@sada.gal e no teléfono 607 438 457.
Marisa Rúa sinala que posiblemente teñamos unha repunta de vespa velutina nas próximas semanas. “O confinamento impediu que moitos veciños se puidesen preparar para a praga, que xa se converteu en habitual cada verán en Galicia”.
Desde a Asociación Galega de Apicultura anuncian ademais que os efectos dunha posible repunta poderían comezar a notarse a partir do mes de xullo polo que a Concellería quere tomar as medidas oportunas de información de prevención para poder minimizar o problema no territorio municipal.