SADA IMAXE DO SAN XOÁN GALEGO NA ORIXINAL CAMPAÑA DE ACEITES ABRIL

21 / XUN / 2023

SADA IMAXE DO SAN XOÁN GALEGO NA ORIXINAL CAMPAÑA DE ACEITES ABRIL

A empresa ourensá alíase cos veciños de Sada e inicia unha campaña para pór en valor una das tradicións culinarias máis arraigadas en Galicia.

“En San Xoán, a sardiña molla o pan”, en Aceites Abril sábeno e aproveitan a chegada desta festividade para lanzar unha nova campaña baixo o paraugas de “Facendo mellor aos mellores”, coa que pretende continuar construíndo marca. Esta vez baixo o orixinal slogan: “Non Somos de Sushi, SOMOS DE SARDIÑAS".

E quen mellor que veciños da localidade coruñesa de Sada para reivindicar as populares sardiñadas estivais. De feito, a "Sardiñada de Sada" pode presumir de ser unha das feiras gastronómicas máis lonxevas de Galicia, con case 70 anos.

Así a empresa aceitera ourensá dá voz e pon nomes propios e reais a estes veciños: Fina, da parroquia de Carnoedo e pertencente á Asociación Veciños Armental; Fernando, da parroquia de Carnoedo e da Asociación Veciños Armental; e José Luís, "Mosteirón", da parroquia de Mosteirón e da Asociación Veciños "O Plátano".

“Mosteirón” é moi coñecido e popular en Sada xa que é unha das persoas que está a tentar recuperar o antigo "Globo de Sada" e o encargado de esculpir a sardiña no popular enterro da sardiña desta localidade. Todos eles veciños anónimos que dan voz a unha mensaxe clara, en Galicia: “Non somos de sushi, SOMOS DE SARDIÑAS".

O concepto creativo, desenvolvido internamente pola empresa ourensá, pon de novo en valor o patrimonio culinario de Galicia e aos seus ferventes defensores no mantemento das tradicións tan arraigadas como as sardiñadas.

Sete décadas de tradición

A firma rende homenaxe a numerosos veciños que, xunto ao labor de apoio do Concello de Sada, lograron manter coa súa participación e colaboración esta celebración ao longo de case sete décadas.

En Sada, as sardiñadas están profundamente arraigadas á tradición culinaria, en época estival, a degustación deste manxar transfórmase A primeira reseña dunha no municipio publicouse en La Voz de Galicia no ano 1954. Nela indicábase que o 18 de agosto celebrarase «unha merendiña no porto, desde onde se presenciarán as famosas e tradicionais regatas de bucetas».

As iniciais merendiñas convertéronse paso anos máis tarde na celebración actual, na praia de As Delicias, inicialmente dentro das celebracións do Día do Pescador e posteriormente dentro do programa das festas de agosto.

O seu recoñecemento foi crecendo até ser recoñecida como Festa de Interese Turístico, declarándose Festa de Interese Turístico de Galicia en 1998.

Arquivado en