O goberno local levou a pleno o vindeiro 30 de decembro as cláusulas sociais que servirán para a elaboración no futuro dos pregos de cláusulas administrativas e de prescripcións técnicas na contratación pública no Concello de Sada.
Segundo exprica a memoria presentada pola alcaldía, as contratacións públicas ademáis de asegurar un precio económico deben de garantir o obxetivo de consecución de finalidades sociais e ambientais, igualdade de homes e mulleres, inclusión social e comercio xusto.
Sada 4 xaneiro 2016.
Considerando a necesidade de introducir na contratación pública do Concello de Sada criterios medioambientais e sociais, como medio de loita contra a exclusión social, ademáis de xeración de emprego para persoas con discapacidade e en situación de precariedade laboral e de fomento de igualdade de oportunidades o alcalde de Sada, Benito Portela, dispuxo a redacción da instrucción sobre contratación pública estratéxica que contén as cláusulas de emprego social, de igualdade de homes e mulleres, medioambientais e de comercio xusto, así como a previsión de reserva de contratos a entidades de carácter social.
Estas cláusulas se levaron a pleno o pasado 30 de decembro e servirán para a elaboración no futuro dos pregos de cláusulas administrativas e de prescripcións técnicas na contratación pública no Concello de Sada.
As cláusulas estratéxicas artículanse como cirterios de valoración das ofertas, condicións de execución dos contratos ou determinacións de cumprimento obrigatorio para licitadores e/ou contratistas.
Segundo exprica a memoria presentada pola alcaldía, as contratacións públicas ademáis de asegurar un precio económico deben de garantir o obxetivo de consecución de finalidades sociais e ambientais, igualdade de homes e mulleres, inclusión social e comercio xusto.
“As cláusulas sociais, sinala Portela, son moito máis obrigadas nunha situación caracterizada por un elevado nivel de desemprego e precariedade nas relación laborais, con especial afectación negativa no xénero femenino, colectivos minorizados ou en situación de exclusión social”
O respecto e cautela medioambiental así como a potenciación do comercio xusto deben tamén acompañar a contratación pública como mandato aos poderes públicos e aposta pola sostibilidade medioambiental e polo comercio equilibrado das relacións entre productores, intermediarios e prestadores de bens e servizos.
Neste sentido o alcalde de Sada é claro “Que os cartos da maioria vaian aos colectivos máis desfavorecidos e non se queden na conta de resultados das empresas.”
Estas medidas divídense en cinco apartados. As cláusulas relativas a emprego social e de calidade, as de igualdade de homes e mulleres, as ambientais, as de comercio xusto e a reserva de contratos a entidades de carácter social.
Entre elas pódense destacar á obriga das empresas que liciten en Sada do compromiso de contratar persoas discapacitadas; a adopción de medidas de favorecemento da conciliación e corresponsabilidade da vida persoal, familiar e laboral das persoas adscritas á execución do contrato; o aforro enerxético e emprego de enerxías renovables ou limpas ou o compromiso de pagar determinado prezo mínimo aos productores que lles suministran.
O goberno local inclúe nas cláusulas a reserva dunha porcentaxe mínima do dereito a participar nos procedementos de adxudicación de contratos a Centros Especiais de Emprego e empresas de inserción sociolaboral reguladas na Lei 44/2007 de 13 de decembro.