O pasado decembro iniciose o expediente de expropiación forzosa para obtención do solo destinado a sistema xeral de espazos libres SXEL-06-31, de As Brañas, polo procedemento de taxación conxunta.
O Concello de Sada solicitou o pasado mes ao Rexistro da Propiedade a expedición da certificación de dominio e cargas de todas as parcelas incluídas no ámbito obxecto de expropiación e, para o caso das parcelas non inscritas, expedición da certificación negativa da inscrición así como a anotación expresiva do inicio do expediente expropiatorio.
Os servicios técnicos municipais achegaron ao Rexistro da Propiedade a relación de fincas a expropiar, a certificación catastral individualizada de cada unha das parcelas e o Plano xeral do ámbito da expropiación forzosa
Sada, 24 marzo 2021.
O PXOM de Sada recolle a delimitación do Plan especial de protección de infraestruturas e dotacións das Brañas de Sada, que coincide co ENIL Brañas de Sada, clasificado como solo rústico de protección de espazos naturais. Así mesmo, indica que o PXOM prevé determinadas actuacións dotacionais no bordo perimetral (dentro do ENIL), así como a inclusión, nas fichas de ordenación, dos ámbitos de transformación urbanística previstas no seu contorno que garantan a preservación dos valores ambientais asociados ao nivel de protección que exixe a declaración como espazo natural.
No documento de estratexia das actuacións, recollese a ficha do SXEL-06-31(Pb),espazo libre nas Brañas, fase 1, en conxunto coas accións, SXEL-06-21(Pb) e SXEL-06-33(Pb), conformorarán un anel en torno As Brañas co obxetivo de protexer e poñer en valor o ENIL.
O 7 de novembro de 2018 publicouse no DOG o Anuncio do 25 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se sometía á participación pública a proposta de declaración de espazo natural de interese local da zona denominada Brañas de Sada, pertencente ao Concello de Sada. Posteriormente a orde do 27 de xaneiro de 2020 declaraba, de xeito provisional, o espazo natural de interese local as Brañas de Sada. Antes o Pleno da Corporación sadense, aprobaba a modificación do orzamento en vigor para incorporar do remanente de tesoureiría os fondos precisos para a expropiación do “Espazo libre das Brañas Fase I”.
Por resolución de alcaldía do 18 de decembro de 2020, iniciouse o expediente de expropiación forzosa para a obtención de solo destinado a sistema xeral de espazos libres de As Brañas, Fase 1, SXEL-06-31 (Pb) do vixente Plan xeral de ordenación municipal de Sada, polo procedemento de taxación conxunta, con cargo á aplicación orzamentaria 151.60000.
O Concello de Sada solicitou en febreiro deste ano ao Rexistro da Propiedade a expedición da certificación de dominio e cargas de todas as parcelas incluídas no ámbito obxecto de expropiación que se relacionan no anexo e, para o caso das parcelas non inscritas, expedición da certificación negativa da inscrición así como a anotación expresiva do inicio do expediente expropiatorio nos termos e coa duración e efectos previstos na lexislación hipotecaria.
Para estes efectos, os servizos técnicos deo Concello de Sada achegaron ao Rexistro da Propiedade o inicio de expediente de expropiación forzosa para obtención de solo destinado a sistema xeral de espazos libres SXEL 06-31 polo procedemento de taxación conxunta, a relación de fincas a expropiar, a certificación catastral individualizada de cada unha das parcelas obxecto de expropiación e o Plano xeral do ámbito da expropiación forzosa.