Trátase dun programa pionero no Concello de Sada que aborda as necesidades da mocidade tratando as problemáticas relacionadas con habilidades sociais e emocionais das que eles mesmos ás veces non son conscientes.
O Concello de Sada, a través da concellería de Educación, comeza a programar no IES de Mosteirón talleres para adolescentes enfocados en habilidades sociais, xestión emocional, xestión de redes sociais e outros problemas comúns da mocidade que poden necesitar intervención.
Este programa nace da inquietude de familias e profesorado ante os adolescentes de entre 12 e 16 anos que teñen dificultade xestionar as súas emociones ou controlar comportamentos impulsivos , problemáticas sobre todo no ámbito social.
O programa xurde como unha resposta integral ás demandas emocionais, sociais e dixitais que enfrontan os nosos estudantes na actualidade e estrutúrase en doce sesións, que terán lugar una vez á semana, nas que se levan a cabo distintas actividades colectivas nun ambiente seguro e de confianza onde a mocidade se sinta escoitada e poida reflexionar acerca de temas que lles preocupan
Cada módulo deste taller foi coidadosamente deseñado para fomentar un desenvolvemento positivo e equilibrado, abordando os aspectos cruciais da adolescencia.
“A adolescencia é unha etapa ponte hacia a idade adulta e precisan ferramentas para aprender a acoplarse no ámbito social” ” sinala a concelleira Rebeca Mouriño quen está convencida que esta iniciativa “contribuirá a fortalecer benestar emocional dos nosos estudantes”