As obras do patio cuberto do CEIP Sada y sus Contornos depende da aprobación do PXOM e espera licitarse a finais deste mesmo ano e a impermeabilización da teitume do CEIP MONDEGO acometerase este mesmo ano.
Sada 14 setiembre 2017
A Concellería de Educación que dirixe Raquel Bolaño levou a cabo unha serie de melloras nos centros educativos de E. Infantil e E. Primaria durante o periodo estival cun investimento de preto de 70.000 euros con fin de mellorar os espazos e a calidade dos mesmos.
Bolaño adiantou que no caso do CEIP de Mondego repararase o pavillón por mor das sucesivas filtracións que se estiveron a dar o longo dos últimos anos. As permanentes reparacións non resolveron o problema polo que optouse por facer unha obra maior, a imperbeabilización de todo o teitume, que garanta o uso en plenas condicións deste espazo. O custe será de 97.153 euros e está previsto acometela este mesmo ano.
Tamén en Mondego reformouse xa o espazo de laboratorio, así como o corredor da mesma planta, optimizando e recuperando uns espazos que redundarán nun mellor aproveitamento lectivo e a dignificación duns espazos moi necesarios. O custe destas obras foi de 30.700 euros. Construíuse a segunda fase do porche/marquesiña nas entradas principais ao centro escolar, un sistema de iluminación do porche, as canalizacións de abastecemento de auga e recollida de pluviais na zona da entrada principal, e a instalación dunha nova casiña de xogo e unha balsa pirata no patio de educación infantil. Tamén reparáronse as porterías e ampliouse o espazo de recreo infantil.
Polo que respecta ao CEIP de Sada y sus Contornos destaca a partida prevista de 90.000 euros para facer o patio cuberto que neste momento dependen da aprobación do Plan Xeral Urbanístico. Dende a Concellería de Educación o proxecto para a cubrición do mesmo está redactado dende o ano 2016 e a partida económica para a súa execución reservada para facelo tan pronto sexa posible. A previsión é que a finais do presente ano podamos sacar adiante a licitación da mesma tal e como nos informan dende o departamento de urbanismo, dado que unha vez aprobado o PXOM, éste ten que ser enviado a publicación no planeamento de Galicia e só unha vez rematado dito plazo de publicación, sería posible o inicio da contratación da obra.
Neste mesmo centro educativo levouse a cabo unha serie de obras cun custo de 20.500 euros, no que destacan a colocación de chan de linóleo na pranta baixa do edificio antigo, separando por cores o espazo de ordenadores do espazo común, eliminando a pintura plástica e mellorando a calidade, comodidade e hixiene para o alumnado e profesorado. Asemade, creouse un espazo de informática específico, outro de arquivo e un de almacenamento de productos de limpeza. Tamén instaláronse 30 metros de cantoneiras de protección nas columnas e espazos con aristas na pranta baixa do edificio antigo. Asemade, revestiuse a fonte do patio exterior, colocouse a malla no talude para acabar coas invasións da vexetación de forma definitiva, e colocouse a baranda na zona de aparcamento para autobuses, gañando en seguridade e en estética.
En canto ao CEIP Mosteirón, leváronse varias obras cunha inversión de 12.000 euros. Destacan as obras de reforma dun muro trasdosado na antiga capela, agora espazo de servizos múltiples. Tamén o pintado e restauración da mesma. Asemade, a compra e instalación dun xogo novo no parque de primaria, a instalación e obra de fontanería de 6 sanitarios e inodoros, intalación de secamans, reparacións eléctricas, de fontanería e albañilería, e a reposición de area no areeiro de infantil.
Bolaño lembra que o concello pasou a asumir todos os gastos correntes así como a compra do material de hixiene e limpeza, a liña telefónica e o mantenemento do ascensor, o mantemento dos extintores deste centro educativo. “A partires deste momento o centro pode dispor de partidas para os gastos de ciclo e demáis cuestións educativas que considere, unha vez quedou liberado dos gastos correntes, e centrarse no que realmente é importante tanto para o profesorado como para o alumnado, pechando o ciclo dunha demanda de moitos anos”.