A concellería de Educación, Xuventude e Saúde, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, convoca o 2 º Concurso municipal “Sada Lee” co obxectivo de fomentar a lectura
Ademáis deste concurso “SADA LEE” con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, o domingo 23 de abril a concellería de Educación organiza unha mañá literaria dende as 11:30 até as 13:30 horas polo centro urbano de Sada. Nesta actividade contarase coa colaboración das Escolas de Baile de Sadanza e de Carmen López.
Diferentes personaxes literarias recoñecibles mundialmente estarán interactuando cos veciños e veciñas de Sada , visibilizando a importancia da lectura nas nosas vidas como algo cotiá e que enriquece a nosa imaxinación .
Para o desenvolvemento desta iniciativa facilitarase un mapa orientativo no que se delimitará a zona pola que se moven estas personaxes e que se poderá recoller na OMIX dende o luns 17 de abril ata o venres 21 ou descargar na web municipal ata o mesmo día 23.
- ACTA SORTEO CONCURSO SADA LEE. 1ª CATEGORIA. SELFIE
- ACTA XURADO. CONCURSO SADA LEE. 2ª CATEGORIA. PUBLICO ESCOLAR
- DECRETO APROBACION ACTA RELACION DA GAÑADORA CONCURSO SADA LEE 2017
- DECRETO APROBACION ACTA DO SORTEO. CATEGORIA SELFIE. CONCURSO SADA LEE 2017.
- DECRETO APROBACION MEMBROS DO XURADO CONCURSO SADA LEE 2017