SADA LEMBRA A OBRIGA DE MANTER LIMPAS AS PARCELAS ANTES DO 31 DE MAIO

11 / MAI / 2021

SADA LEMBRA A OBRIGA DE MANTER LIMPAS AS PARCELAS ANTES DO 31 DE MAIO

O Concello de Sada, a través da Concellaría de Medio Ambiente, informa a todos os veciños e veciñas de, que a Xunta de Galicia publicou no DOG do martes 17 de abril de 2007, a lei de “Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia” modificada posteriormente pola lei 7/2012 de “Montes de Galicia” (DOG do luns 23 de xullo de 2012).

Sada, 11 de maio 2021 

A mencionada lei establece no seus artigos 21 e 22 as obrigas das persoas físicas e xurídicas responsables das parcelas incluídas nas faixas de especial protección de núcleos, que deberán cumprir coas obrigas de xestión do combustible vexetal (tala e roza), antes do 31 de maio de cada ano, xestionando a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor das edificacións destinadas a persoas, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras, parques e instalacións industriais ubicadas a menos de 400 metros do monte e tamén ao redor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte

Ademáis nesa mesma franxa de 50 metros non poderá haber especies  sinaladas na disposición adicional terceira da Lei  tales coma piñeiro, mimosa, acacia negra, eucalipto, queiruga, carqueixa, xesta uz, carpaza, xesta piorno, fento, silva e toxo.

No caso de incumprimento das obrigas sinaladas anteriormente, segundo o artigo 22 da Lei 3/20017, de procedemento de xestión da biomasa no ámbito das redes secundarias, o Concello de Sada poderá proceder á notificación ás persoas responsables da súa obriga, advertíndolle da posibilidade de execución subsidiaria en caso de incumprimento e sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que correspondese, e da aplicación de multas coercitivas, no seu caso.

Arquivado en