Sada leva a Pleno un suplemento de 185.000 euros para axudas autónomos/as do PEL- Reactiva

10 / MAR / 2021

Sada leva a Pleno un suplemento de 185.000 euros para axudas autónomos/as do PEL- Reactiva

A partida inicial de 226.441,43 euros do PEL-Reactiva incrementarase con outra partida municipal de 185.000 euros para completar todas as solicitudes que cumpriron cos requisitos da convocatoria.

Esta liña de axudas suporá que 213 autónomos/as e microempresas de Sada reciban ata 3.000 euros para impulsar a actividade económica e o emprego.

O goberno municipal, a través da Concellería de Promoción Económica, xa convocara anteriormente o SADA ACTIVA outra liña de axudas que tamén chegou a máis de 200 para autónomos/as e pemes do municipio.

Sada, 10 de marzo 2021.

Sada aprobou a finais do mes de febreiro a concesión provisional das axudas PEL-REACTIVA correspondentes á convocatoria  de subvencións do Concello de Sada dentro da adhesión ao fondo de financiamento provincial para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.

O programa PEL-Reactiva, destinado a  autónomos e autónomas e microempresas para impulsar a actividade económica e o emprego, achegaba inicialmente no Concello de Sada un importe de 226.411,43€ e unha partida municipal de 56.602,86 €, aínda que no pleno da aprobación das axudas o alcalde xa advertía que si as solicitudes incrementaban esta cantidade o goberno municipal levaría a pleno “o incremento da partida de axudas para cubrir todas as solicitudes dos autónomos/as e empresas de Sada”.

Agora, unha vez publicada a listaxe de solicitudes, un total de 213 autonomos/as e pemes de Sada cumpren coas bases da liña de  axudas, que destinan con ata 3.000 euros por solicitantes para impulsar a actividade económica e o emprego, sendo o importe total do PEL-Reactiva 411.441,43 euros, uns 185.000 euros máis que a aportación inicial.

O goberno de Sada levará ao pleno extraordinario que se celebrará mañá xoves un modificativo de crédito por importe de 185.000 euros ao entender “como prioridade absoluta incrementar o crédito para dar cobertura a todas as solicitudes de axuda validamente presentadas á convocatoria”.

Neste sentido incluirase o importe requirido como achega municipal dentro dos orzamentos xerais para o 2021 aínda que en tanto estos non se aproben proponse o expediente de modificación de crédito para que poida contarse coas cantidades necesarias para cubrir a convocatoria de axudas “e os solicitantes poidan cobrar canto antes”.

Deste xeito, visto o informe da intervención municipal o goberno municipal propón aprobar o expediente de modificación de créditos 03/2021 de transferencia de crédito, a efectos de incrementar os fondos destinados á convocatoria de axudas PEL-Reactiva 2020 para dar cobertura á totalidade de solicitudes validamente presentadas. Esta proposta conta cun informe de intervención que  considera non se altera o equilibrio orzamentario nin ten efecto sobre o nivel de endebedamento do Concello de Sada.

O goberno municipal, a través da Concellería de Promoción Económica, xa convocara anteriormente o SADA ACTIVA outra liña de axudas que chegou a máis de 200 para autónomos/as e pemes do municipio.

 

Arquivado en