A concelleira responsable da Área de Administración Local, Pilar Taibo, afirma que con esta nova RPT “preténdese obter unha proposta suficientemente documentada para a adecuación da estrutura do persoal actual ás necesidades reais do Concello, orientada á mellora da prestación dos servizos á cidadanía.”
Sada, 23 marzo 2021
Ca finalidade de adaptar os postos de traballo do Concello de Sada ás necesidades dos novos tempos, a administración local traballa na elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT). Por este motivo, abriuse un proceso de licitación para a contratación do servizo de asistencia técnica e xurídica na análise, deseño, confección e implantación efectiva da nova RPT cuxa aprobación data do 2005.
Ao tempo, inclúese a realización dunha análises do adecuado dimensionamento da plantilla e postos ás competencias e servizos a prestar pola administración co obxeto de optimizar os recursos.
A concelleira responsable da Área de Administración Local, Pilar Taibo, afirma que con esta nova RPT “preténdese obter unha proposta suficientemente documentada para a adecuación da estrutura do persoal actual ás necesidades reais do Concello, orientada á mellora da prestación dos servizos á cidadanía, e que xere unha estrutura válida e real a corto e medio prazo ao tempo que se procura a modernización e a desburocratización da xestión para tratar de dar respostas áxiles”.
A execución do proxecto terá unha duración máxima de 10 meses por valor estimado de 16.528,93 euros e se levará a cabo en dúas fases. A primeira incluirá o deseño e elaboración do borrador inicial da RPT e do Organigrama, así como a fase de información e consultas e elaboración do borrador provisional da RPT. A segunda fase será a da negociación colectiva da RPT e elaboración da nova RPT e do Organigrama definitivos.
O prazo límite para a presentación das ofertas será o 8 de abril.