Sada licita a rehabilitación da piscina municipal por 542.000 euros

03 / DEC / 2021

Sada licita a rehabilitación da piscina municipal por 542.000 euros

A Xunta de Goberno Local aprobou onte mediante procedemento aberto simplificado a licitación das obras de rehabilitacion da cuberta da piscina municipal logo dos estudos e proxectos realizados ao longo deste ano.

O Concello de Sada publicou no día de onte a licitación da rehabilitación da cuberta da Piscina Municipal. Unha vez analizado por parte do arquitecto redactor os informes realizados ao longo de todo este ano na piscina municipal defínense no proxecto que sae a licitación varias actuacións necesarias para a rehabilitación do inmoble que contempla a substitución completa da cuberta existente sobre estrutura de madeira, conformando unha nova solución de cuberta para facilitar a evacuación de augas pluviais, así como no vaso da piscina para facilitar a evacuación de pluviais para a súa posterior canalización.

Tamén se realizará a substitución da cuberta existente sobre estrutura de formigón; unha nova rede de recollida e canalización das augas pluviais, complementaria ao trazado existente, e a retirada e colocación cunha nova distribución dos paneis solares colocados actualmente sobre a cuberta.

Ademáis o proxecto propón unha nova solución do paquete construtivo de cuberta, una prótese e mellora do sistema de apoio, o saneado e tratamento de protección, unha nova rede de control higrotérmico, a actuación parcial na cara interior do cerramento vertical do vaso da piscina, a substitución do actual panelado de taboleiro acústico e a renovación da súa subestructura de soporte, estes elementos conforman o revestimento interior do cerramento cara ao vaso da piscina. Unha vez reamatadas as melloras se realizarán  probas de servizo necesarias para verificar as novas actuacións realizadas, así como, as medidas de seguridade e saúde e control de residuos de obrigado cumprimento para levar a efecto as actuacións proxectadas e a reparación de degradacións e corrosiones superficiais existentes en estrutura de formigón armado.

Para a realización destas actuacións prevese un prazo de execución das obras de seis meses, tendo un orzamento de contrata de 541.231,72 euros (ive incluido)

Actuacións levadas a cabo na Piscina Municipal

En xaneiro deste ano e atendendo ao informe do técnico municipal,  decretouse peche da instalación por risco para a seguridade dos usuarios. En febreiro se solicitou a emisión de informe pericial do estado da cuberta e proposta de actuación para a redacción do proxecto para a reparación da estrutura.

En marzo realizouse o proxecto para a disposición dun sistema de apeo na piscina municipal de Sada e en maio a análise do estado actual da estrutura de madeira da cuberta da piscina.  A partir dese momento se redacta o proxecto que se inclúe na licitación que onte aprobou a Xunta de Goberno Local e ten de prazo ata o 22 de decembro para presentación de ofertas.

O Concello de Sada solicitaba a un arquitecto experto no cálculo e dimensionado de estruturas de madeira, a emisión de informe pericial achega do estado da cuberta, proposta de actuación para a redacción do proxecto para a reparación da estrutura da cuberta.

Tras realizar as primeiras visitas de inspección,  se emitiu un informe preliminar no que indicaba que “a estrutura atópase seriamente comprometida no que respecta á súa estabilidade”, e determinaba a necesidade de dispor un sistema de apeo para garantir a seguridade estrutural dos elementos de madeira e posibilite á súa vez a realización dunha análise detallada das patoloxías presentes na estrutura.

De acordo co estudo técnico redactado por un enxeñeiro execútase o apeo, asegurando a estabilización das cubertas situadas sobre as praias laterais e as jácenas extremas que cobren o vaso da piscina municipal na primeira semana do mes de abril de 2021.

O arquitecto, tras a montaxe do sistema de apeo, realiza unha primeira inspección visual do estado das cubertas laterais, apreciando a existencia dunha serie de graves patoloxías nos elementos de madeira, nos herrajes metálicos de conexión, así como o fallo xeneralizado dos sistemas de impermeabilización da cuberta da piscina municipal.

Tendo en conta do elevado nivel de danos detectados, se recomendou a realización dunha serie de ensaios que permitisen avaliar coa precisión adecuada o nivel de danos visibles e non visibles na construcción que realizan equipos de expertos no ámbito da recuperación de estruturas de madeira. Tras a realización dos ensaios in situ o enxeñeiro pon a disposición do Concello de Sada, os resultados das análises realizadas xunto coas recomendacións de actuación para a recuperación dos danos existentes.

Antecedentes

A piscina municipal de Sada é un edificio de planta baixa e planta soto, en planta baixa sitúanse as zonas de control, vestiarios, e o vaso da piscina cuberta que conta cun jacuzzi nunha das súas praias extremas. En planta soto distribúese o ximnasio e as zonas de instalacións situadas baixa a área ocupada pola piscina.

O edificio sufriu desde a súa inauguración un incendio derivado do fallo do cadro eléctrico da instalación o que provocou danos nas canalizacións e a inundación de planta soto na que está situado o ximnasio.

Arquivado en