A licitación estará aberta até o 14 de setembro sendo o orzamento de contrata de 99,072.05 euros.
Sada, 1 setiembro 2020.
O Concello de Sada ten aberta a licitación da obra de renovación de tubaxe de distribución de auga potable na rúa Rosalía de Castro (Fontán) e na zona de Tumbadoiro na parroquia de Meirás.
As obras consisten na instalación de diversas canalizacións de distribución de auga potable, que conectan con redes xa existentes, de tal forma que estas obras se consegue dotar do servizo de auga potable a un maior número de veciños que até agora carecían do servizo de abastecemento municipal. Colocaranse novas tubaxes de distribución ao longo dos viarios indicados para conectar coa rede de distribución existente, incluíndo as acometidas domiciliarias en zona pública.
Para a colocación das canalizacións citadas contémplanse os traballos de demolición de pavimiento existente, apertura de gabia, colocación das canalizacións, recheo de gabias, reposición de pavimento existente, así como instalación de valvulería.
Neste proxecto contémplanse os traballos de demolición de pavimento existente, previo corte, nos casos de pavimento de formigón ou de mestura bituminosa, apertura de gabia, colocación de tubaxe, así como de valvulería e pezas especiais coas súas correspondentes ancoraxes, e reposición dos pavimentos existentes.
Dadas as características das obras descritas, considérase o prazo de dous meses necesario e suficiente para a súa total terminación e entrega ao uso público partir da data de adxudicación definitiva polo Concello e conte con todos os informes. A licitación estará aberta até o 14 de setembro sendo o orzamento de contrata de 99,072.05 euros.