O proxecto potencia o seu uso municipal, para os veciños de Sada, de cara a promover a práctica deportiva, así como a utilización da instalación para o deporte escolar, formación en educación física e psicomotricidade. O Concello de Sada, destaca a importancia desta inversión xa que “é unha necesidade investir no deporte base, escolar e adaptado. Estes colectivos están a sufrir un gran impacto como consecuencia do COVID” e sinala que “precisamos ampliar a dotación de instalación deportivas cubertas e acometer a remodelación das existentes”.
O goberno municipal publicou hoxe a licitación do Módulo Cuberto deportivo situado en Mondego por un importe total de 723.792 euros. O prazo de presentación de ofertas remata o 16 de decembro sendo prazo de execución da obra de seis meses unha vez adxudicada.
O goberno local incluiu dentro dos Plans Provinciais a primeira fase do proxecto de instalacións deportivas en Mondego, correspondente ao Módulo Cuberto, cun importe total de 723.792,20 euros dos cales 418.846,09 pertencen á Achega Provincial para investimentos financeiramente sustentables e 304.946,11 euros a fondos propios do Concello.
Desde o goberno municipal dáse un novo paso no apoio ao deporte local cun proxecto co que se prevé paliar a saturación das instalacións actuais e conseguir unas novas instalación deportivas totalmente adaptadas.
A actuación total proxéctase cun módulo cuberto homologado de atletismo, cunha pista exterior de 200 metros, un módulo multideporte con tres salas de 150 metros cadrados, e dúas salas de cardio, máis un circuíto permanente de cros e BTT e a urbanización exterior da parcela onde realizarán zonas de beirarrúas peonís coa incorporación de especies arbóreas e un total de 21 prazas de aparcadoiro simples e 6 prazas para persoas con mobilidade reducida.
Esta actuación divídese en varias fases sendo a primeira, o proxecto de construción do módulo cuberto homologado de atletismo, on desenvolveranse ademáis outras disciplinas atléticas como salto en longo, salto de pértega, salto de altura, peso ou carreiras na pista cuberta de 60 metros con seis calles. En toda a instalación poderase levar a cabo deporte adaptado.