-O orzamento da obra ascende a 88.777€ e o prazo de presentación de ofertas das empresas interesadas remata o 6 de novembro
- As obras que se proxectan dotarán dun pavimento idéntico ás zonas recentemente renovadas do centro urbano co obxectivo de homoxeneizalo e facelo máis cómodo para os peóns.
Sada, 25 outubro 2019.
O Concello de Sada, a través da concellería de Obras e Servizos ven de publicar a licitación da obra de sustitución de redes principais súas acometidas e pavimentación, na rúa Lugrís Freire e dous tramos da avenida da Mariña.
As obras que se proxectan dotarán dun pavimento idéntico ás zonas recentemente renovadas do centro urbano co obxectivo de homoxeneizalo e facelo máis cómodo para o peón. Na avenida da Mariña complétanse dous tramos co pavimento mencionado, ampliándose en anchura uno destes.
Nesta zona, os servizos que precisan obras de mellora son os servizos municipais básicos: auga, saneamento de residuais e pluviais. Nalgunhas rúas do centro de Sada aínda existen acometidas a vivendas en chumbo, así como acometidas (non separativas) de gres para saneamento. Coa obra que se proxecta preténdese realizar a substitución das acometidas aos edificios que non cumpran co criterio de adecuación do material, arquetas, válvulas, etc. Igualmente, a separación das augas residuais e pluviais, tal e como se veu facendo noutras zonas nos últimos anos.
No capítulo de saneamento de augas residuais se prevé a substitución dun tramo do colector de saneamento e dos seus correspondentes pozos de rexistro na avenida tramo sur. Este colector substitúe ao antigo colector de augas residuais procedentes dos edificios existentes no tramo mediante acometida domiciliaria, e por gravidade serán transportadas cara ao colector existente na avenida dá Mariña.
En canto ao saneamento de augas pluviais prevese a instalación dun tramo de colector de pluviais e dos correspondentes sumidoiros e pozos de rexistro necesarios no tramo sur da avenida daMariña. Este colector recollerá as augas pluviais procedentes das bajantes dos edificios existentes nos dous tramos da avenida mediante as súas acometidas domiciliarias.
No capítulo de abastecemento de auga proxéctase substituír a canalización paralela á avenida. Así mesmo prevese a substitución das acometidas domiciliarias de varios edificios existentes na Rúa de Lugrís Freire e nos dous tramos da Avenida.
Tamén se prevé prestar axudas de albanelaría para mellorar e/ou instalar tubaxes non municipais de servizos subterráneos como subministración eléctrica e/ou telecomunicacións, tubaxe e acometidas de gas, etc. As distintas compañías subministradoras destes servizos serán informadas sobre a intención de re-urbanizar a zona e convidadas a instalar as tubaxes que consideren necesarias.
O prazo de execución desta actuación será de tres meses e conta cun orzamento de 88.777€. A presentación de ofertas por parte das empresas termina o 6 de novembro.