A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación de seis obras de conservación e mellora de saneamento e pavimentos en varias zonas do municipio que xa están anunciadas no Perfil do Contratante
O goberno licita tamén obra de mantemento de fontes e lavadoiros no Concello de Sada encamiñaado a realizar una serie de actuaciones dirigidas a labouras de limpeza e conservación en fontes e lavadoiros para manter en bo estado o seu patrimonio.
Sada, 25 agosto 2020.
O goberno local de Sada aprobou na última XGL un paquete de obras valoradas en 544.000 euros encamiñadas á mellora tanto de distribución de auga como de pavimentación de varias zonas nas parroquias do municipio.
Un dos proxectos que xestiona a concellería de Obras e Servizos é a colocación de canalizacións de abastecemento de auga na rúa Rosalía de Castro (Fontán-Sada) e no lugar de Tumbadoiro (Meirás), así como a mellora do pavimento existente. As obras consisten na instalación de diversas canalizacións de distribución de auga potable, que conectan con redes xa existentes, de tal forma que estas obras se consegue dotar do servizo de auga potable a un maior número de veciños que até agora carecían do servizo de abastecemento municipal.
Tamén se licita a mellora da zona Samoedo (Sada), entre os números 41 e 53, que actualmente non dispón dos servizos de abastecemento nin saneamento. Por outra banda, as condicións dos firmes son deficientes e precisan dunha intervención para mellorar o seu estado e con iso a circulación de vehículos pola zona. Na actualidade a zona conta cun firme dotado dun dobre tratamento, mentres que o camiño para acceder ao números descritos é en terras polo que o goberno ve preciso acometer a obra de mellora dos servizos nesta zona.
En Meirás o goberno local tamén aprobou a mellora de instalacións e pavimentos nos camiños de Piñeiro, unha serie de actuacións dirixidas á dotación dunha rede de pluviais e mellora do estado do pavimento nalgún dos camiños de mellorando así os servizos municipais na zona de Meirás.
No capítulo de distribución a concellería de Obras e Servizos contempla obras de subministración de auga potable en Casteliño (Osedo) e en Cacharrete (Mosteirón) por unha banda e de Souto a Pereira en Carnoedo por outro. As obras consisten na colocación de tubaxes de distribución para conectar coa rede de distribución existente, incluíndo as acometidas domiciliarias en zona pública.
MELLORA DAS FONTES E LAVADOIROS DE TODO O TERMO MUNICIPAL
O Concello de Sada no marco de creación, renovación e mellora das infraestruturas do seu termo municipal, licita tamén a obra de mantemento de fontes e lavadoiros do municipio, proxecto encamiñado a realizar unha serie de actuacións dirixidas a labores de limpeza e conservación en fontes e lavadoiros para manter en bo estado o seu patrimonio.
O goberno local prevé a limpeza e conservación dos lavadoiros de Fontán, aFonte da Praza da Pescadería, Fonte da Praza San Roque, a Fonte de Riovao, o Lavadoiro de Riovao, o Lavadoiro de Sada de Arriba e as dúas Fontes e Lavadoiros de Samoedo, todos eles en Sada.
Nas parroquias acometerase a mellora e limpeza da Fonte e lavadoiro de Fontegrande en Meirás , a Fonte e Lavadoiro de Alborelle en Soñeiro, a Fonte e Lavadoiro de Fraga en Osedo, a Fonte e Lavadoiro de Seixeda en Osedo, a Fonte e Lavadoiro de Castelo en Osedo, o Lavadoiro de Fontoira en Mondego, a Fonte do Pedregal en Mondego, e a Fonte de Lagoa de Mondego.