O Concello de Sada saca a licitación tres servizos de bar das distintas festas que se van celebrar en Sada durante os meses de xullo e agosto.
A primeira das licitacións é a instalación dun servizo de snack-bar durante a celebración da V Feira Modernista, entre os días 29 e 31 de xullo de 2016 no Paseo Marítimo, á altura do edificio modernista “La Terraza”, na que se inclúen eventos como os seguintes: Ambientación de rúa de grande formato, integrando varias zonas diferentes da localidade, Actuacións musicais en diversos estilos, evocando propostas musicais que soaban a finais do s. XIX e principios do s. XX (jazz, dixie-land, swing, clásica, folclórica...); Actuacións de danza de rúa e pasacalles; Eventos de participación popular, como parada de bicicletas clásicas, subida en globo aerostático cautivo, exhibición deportivas, mercado de artesanía e antigüidades. A instalación consistirá nunha barra de bar provisional con posibilidade de pequena instalación de cociña.
A segunda das licitacións e servizo de barra de bar durante a celebración de diversas actividades programadas pola Concellería de Cultura e Praias, dentro do marco das Festas de Verán e Patronais 2016. Dita autorización abranguerá ós días 12 a 18 de agosto, ambos incluídos, e localizarase dentro da carpa-Acendida que se instalará no Paseo Marítimo, na praza anexa ó edificio modernista “La Terraza" onde se programan eventos coma os seguintes: 12 AGOSTO: Concerto de rock coa formación “REINCIDENTES”; 13 AGOSTO: Día infantil, con actividades programadas para gozar en familia, como actividades de animación, diferentes actuacións artísticas e o concerto da formación “FURIOUS MONKEY HOUSE”; 14 AGOSTO: Encontro de formacións folclóricas en colaboración coa asociación A Meda do Castro. Concertos folk, con “A BANDA DAS CRECHAS”, “COANHADEIRA” E “TONECHO CASTELOS E PABLO ESQUEIRA”; 15 AGOSTO: Encontro de agrupacións de música coral, Pregón das Festas, actuación da agrupación musical “AMIZADES”; 16 AGOSTO: “Merenda dos Maiores”, actuación da Banda Municipal de Música, actuación da “GALLAECIA SMALL BAND”; 17 AGOSTO: II UrbanFeel Festival con actividades infantís-xuvenís, festival de artes de rúa e cultura urbana e concertos. A instalación consistirá nunha barra de bar provisional con posibilidade de pequena instalación de cociña.
A terceira das licitacións é o da autorización de uso común especial da vía pública para a instalación dun servizo de bar nos concertos a celebrar os días 15 a 18 de agosto, ambos incluídos, na Praza dos Irmáns Suárez Picallo, no Paseo Marítimo de Sada, onde celebraranse os eventos seguintes: 15 agosto: Concerto de NACHA POP e RUTA 77. • 16 agosto: Concerto de LA HABITACIÓN ROJA, TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO, THE TRUNKS. • 17 agosto: actuación da orquestra NEW YORK. • 18 agosto: actuación da orquestra ACHÉ. A instalación consistirá nunha barra de bar provisional sen cociña.
Os interesados poderán obter máis información no Perfil do Contratante do Concello de Sada