O goberno municipal de Sada acometerá este mes unha decena de obras en prácticamente todo o termo municipal por valor de 560.000€.
Sada, 5 setembro 2016.
A primeira, xa licitada, é a pavimentación, dotación de servizos e accesibilidade do entorno e do Campo de Fútbol As Mariñas-Andrés Pena, obra cun orzamento de 81.200€. Ademais de instalar servizos básicos, como saneamento e iluminación nas proximidades do campo, pavimentarase practicamente o 100% da rúa de acceso ao campo e do interior do recinto para o uso de xogadores e espectadores, é dicir o perímetro en torno ao propio terreo de xogo que tanto demandaron usuarios e pais dos xogadores de categorías inferiores do Rayo Sadense e do Sporting Sada.
En Sada realizarase tamén a sustitución das redes principais e as súas acometidas así coma a instalación de novos servizos e pavimentación da rúa do Río e da Travesía da rúa da Obra (160.164€) e a reordenación tráfico ciclista no Paseo Marítimo Sada (74.910€), obra esta última para a que tomouse como referencia o “Manual de recomendaciones de diseño, construcción, infraestructura, señalización, balizamiento, conservación y mantenimiento de carril bici” da Dirección Xeral de Tráfico do Ministerio do Interior para os criterios de deseño.
Nas parroquias do municipio realizaranse tamen varias actuacións. Duas rematan o prazo de presentación de ofertas para a súa execución o 13 de setembro, a pavimentación do camiño Campo de Sar-Costa en Soñeiro e o saneamento do camiño entre Lamela (Canoedo) a Lácere (Mondego) obra na que o tramo de saneamento e o bombeo proxectados amplía este servizo de recollida de augas fecais, nos lugares de Lamela e Lácere, nunha lonxitude total de 393 metros.
E nos próximos días saíran a licitación a pavimentación do camiño de Vista Alegre en Osedo, a pavimentación do camiño de Soutillo en Veigue, a pavimentación do camiño do Galo en Carnoedo, a pavimentación dos viais entorna do Pazo de Meirás e zonas cercanas e a reparación de camiños en varios lugares do termo municipal.