Sada licitou obras e servizos por valor de 1.600.000 euros no último mes do 2021.

03 / ENE / 2022

Sada licitou obras e servizos por valor de 1.600.000 euros no último mes do 2021.

O Concello de Sada ten en evaluación os procedementos da reparación da cuberta da piscina municipal, a adquisición dun camión para saneamento, a primeira fase do módulo deportivo de Mondego ou a redacción do PERI da Lagoa que servirá para ofrecer a parcela para o traslado do Centro de Saúde ao centro urbano.

O Concello de Sada sacou a licitación no Perfil do Contratante durante o mes de decembro do 2021 un total de sete actuacións por valor de 1.600.000 euros.

Seis desas actuacións están en periodo de evaluación logo de terminar o proceso de presentación de ofertas. Entre elas, a rehabilitación da cuberta da piscina municipal por importe total de 541.231,72 euros, a adquisición dun camión-cisterna para augas residuais por valor de 127.225,45 euros, a redacción do Plan Especial de Reforma Interior, Proxecto de Reparcelación e Proxecto de Urbanización do ámbito do solo urbano non consolidado “D3.6 - Rúa Lagoa”, por importe de 45.628,64 euros, que dotará ao Concello da parcela para ofrecer á Xunta de Galicia para o traslado do Centro de Saúde.  Tamén se licitou neste periodo de tempo, a realización da “1ª Fase de Instalacións Deportivas” composta polo Módulo Cubierto de Atletismo, por valor de 723.792,20 euros.

Dentro dos servizos que o Concello de Sada ofertará nas vindeiras semanas se licitaron as actividades sociais para maiores de 55 anos por valor de 52.471,44  euros e as actividades de pilates, ioga e zumba nas parroquias, por valor de 56.830,62 euros.

Ademáis unha das licitacións consistente na creación dunha rede de cinco puntos de información pública en espazos exteriores adxudicouse nos últimos días do ano por importe total de 50.215 euros. Nas vindeiras semanas se instalarán cinco paneis de tecnoloxía dixital para facilitar a difusión pública de información de interese xeral

Os paneis, que se conseguiron desde as concellería de Turismo e de Participación Cidadá grazas a unha subvención acadada no anterior mandato, estarán colocados en Castelo (á altura de Lugar de A Fraga), en Fontán (no entorno da Casa dos Mariñeiros),  na rotonda do Instituto Isaac Díaz Pardo, na avenida do Porto (entorno Casa da Cultura) e nas cercanías da Oficina de Turismo.

 

Arquivado en