As actuacións realizáronse nas oficinas de Servizos Sociais e no local anexo que utilizan as asociacións locais.
Sada, 2 de febreiro 2019.
A Concelleria de Benestar Social e Igualdade, xestionada por Isabel Reimundez, ven de executar diversas melloras e investimentos para mellorar a accesibilidade e os usos do local de Servizos Sociais do Concello de Sada.
Con esta reforma, a cargo dos orzamentos municipais 2018, as instalacións quedan dotadas dunhas infraestructuras mais adaptadas ás necesidades do servizo municipal que atende a numerosos sadenses cada día.
Dentro das actuacións levadas a cabo creáronse novos despachos para duas novas contratacións de profesionais que atendan á alta demanda do servizo, e tamén se mellorou a accesibilidade para os usuarios. Ao mesmo tempo dotouse ás oficinas dunha nova zona de arquivo e dunha sala de xuntas dentro dun despacho.
No local anexo, que habitualmente utilizan as asociacións locais, instalaronse mobles para a mellora do almacenamento e arquivo da A.C. Suárez Picallo e tamén tse realizou unha pequeña obra retirando tabiquería para unificar espazos e adaptalos ás actividades que desenrolan as asociacións.
"Facer adaptacións dos espazos en base ás actuais demandas e dos servizos é unha prioridade desta Concellería", sinala Reimundez quen ademais engade que o orzamento da actuación ascendeu a 30.000€.