Sada mellora o camiño entre Souto e Lamela

12 / ABR / 2018

Sada mellora o camiño entre Souto e Lamela

- Desde a concellaría de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro, incluíuse dentro das obras do POS o pavimentado cunha capa de rodaxe de aglomerado en quente. Previamente realizáronse os labores de acondicionamento do firme e a limpeza das cunetas a ambos os dous lados do camiño. Igualmente, instaláronse tramos de tubaxes para canalizar as augas pluviais e construíronse tramos de bordo de formigón a modo de pequena contención dos noiros.

 

Sada, 10 abril 2017.

O Concello de Sada ven de rematar as obras que se levaron a cabo no camiño de propiedade municipal entre Souto e Lamela, parroquia de Carnoedo, cunha lonxitude total de 800 metros lineais e unha anchura de entre 3,5 a 4,5 metros.

Este camiño deteriorouse como consecuencia do paso do tempo e presentaba unha superficie moi irregular así como debullado nalgúns puntos ou afundimentos por compactación de gabias. Por iso desde a concellaría de Obras e Servizos, xestionada por Miguel Tenreiro,  incluíuse dentro das obras do POS 2017 o seu pavimentado cunha capa de rodaxe de aglomerado en quente. Previamente realizáronse os labores de acondicionamento do firme e a limpeza das cunetas a ambos os dous lados do camiño.

Acondicionamento do firme.

Os viarios que se acondicionaron atopábanse cun pavimento a base dun triplo tratamento asfáltico moi deteriorado e bacheado polo que se reparou a base do mesmo e nalgún caso a sub-base.

Nas súas marxes atopábanse tramos de cuneta, algunhas zonas de terra, pe de noiros ou entrada de leiras, nas que se realizou limpeza e unha regularización con zahorra para o seu reforzo. Realizouse a limpeza de cunetas e cómaros existentes, así como a apertura das mesmas onde non existían e simultaneamente, co persoal e equipamento municipal, procedeuse á limpeza das tajeas e salva cunetas existentes.

Igualmente, instaláronse tramos de tubaxes para canalizar as augas pluviais e lograr maior anchura na vía e construíronse tramos de bordo de formigón a modo de pequena contención dos noiros.

Terminados estes traballos procedeuse ao extendido de mestura bituminosa en quente sobre a capa de triple rego existente, unha vez realizados os  sobre anchos e regularizadas as zonas afectadas.

Agora, unha vez finalizadas as obras e despois dun prazo razoable de curado do pavimento, procederase á demolición e posterior coroación das tapas de pozos de rexistro e acometidas de auga a nivel da nova rasante do viario. Igualmente o pintado de bandas laterais en bordo de carril e a subministración e colocación de sinal de circulación vertical e pintado de sinal horizontal de circulación stop ou ceda o paso.

O orzamento da adxudicación da obra á empresa Canarga S.L. ascendeu a 25.000€.

Arquivado en