Sada Móvese !!!. A concellería de Mocidade programa para o mes de xullo diversas actividades orientadas á xuventude có obxectivo que a veciñanza participe nas actividades saúdables de lecer tendentes a adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades. Na se inclúe oferta Paddel Surf, cursos de DJ ou de produción musical, zumba, actividades infantís, entranamento funcional e unha nova proposta no horto urbano para a infancia: cocicontos.
ZUMBA
Todos os luns de 11.30 a 12.30h
Paseo Marítimo (fronte ao Concello)
Actividade de libre participación, para todas as idades e gratuita
ENTRENAMENTO FUNCIONAL
Todos os martes e xoves de 11.30 a 12.30h
Paseo Marítimo (fronte ao Concello)
Actividade de libre participación, para todas as idades e gratuita
CURSO DE PRODUCCIÓN MUSICAL
Formulario de inscrición (Habilitado do 20 ao 28 de xuño)
O curso é gratuito e terá lugar no local de actividades da Oficina da Xuventude (Praza da Peixaría s/n) do 4 ao 7 de xullo en horario de 11.30 a 13.00 horas.
Participantes: mocidade de entre 16 e 30 anos. Para que a actividade se realice terá que haber un mínimo de 6 inscricións.
Terán preferencia as persoas empadroadas en Sada.
As prazas serán adxudicadas por orde de chegada no formulario.
CURSO DE DJ
Formulario de inscrición (Habilitado do 20 ao 28 de xuño)
O curso é gratuito e terá lugar no local de actividades da Oficina da Xuventude (Praza da Peixaría s/n) do 11 ao 14 de xullo en horario de 11.30 a 13.00h
Participantes: mocidade de entre 12 e 30 anos. Para que a actividade se realice terá que haber un mínimo de 6 inscricións.
Terán preferencia as persoas empadroadas en Sada.As prazas serán adxudicadas por orde de chegada no formulario:
A listaxe de admitidos será publicada na web o 30 de xuño.
PADDLE SURF
Formulario de solicitude de sesión (Prazo de solicitude: do 4 ao 10 de xullo)
As sesións son individuais, polo que deberás facer a solicitude daquelas nas que queiras participar. Teñen un coste de 9€ por cada sesión
Terán lugar o 18, 19, 20 e 21 de xullo en horario de 12.00 a 13.00h
Destinatarios: a partir de 12 anos. Para que a actividade se realice terá que haber un mínimo de 7 inscricións en cada sesión.
As prazas serán adxudicadas por orde de chegada e confirmadas a través de correo electrónico.
Unha vez sexan confirmadas será necesario facer o pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria entre o día 11 e 13 de xullo e enviar o xustificante a omixsada@gmail.com
Porto de Sada na rampa fronte ao Supermercado Carrefour
ACTIVIDADES INFANTÍS
Os días 22, 27 e 29 de xullo en horario de 11.30 a 13.30h no Xardíns Paseo Marítimo (zona das pistas polideportivas)
Diferentes propostas ao aire libre para desfrutar do verán: xogos de auga, tradicionais, relevos, etc
Actividades gratuitas de libre participación
Recomendado para infancia a partir de 4 anos
COCICONTOS NO HORTO URBANO
Actividade gratuita que require inscrición previa do 4 ao 15 de xullo.
Os días 20 de xullo e 3 de agosto en horario de 11.30 a 13.00 horas no horto urbano da Tenencia
Unha proposta que conxuga contacontos e obradoiro de cociña saudable en frío.
Cada sesión ten un límite prazas de 16 nen@s. O mínimo para que se realice está establecido en 7 nen@s. Para participantes entre 4 e 8 anos.
A adxudicación será por orde entrada no formulario, tendo prioridade as persoas empadroadas en Sada (será comprobado de oficio).
A praza será confirmada por correo electrónico 2 días antes da actividade.
LOCAL XUVENIL
E ademáis o local Xuvenil (Praza Peixaría s/n), equipado con wifi, futbolín, xogos, cómics, televisión.... estará aberto nos meses de xullo e agosto de 11:00 a 14:00 horas sen reseva previa.
XOVEBÚS ÁS PRAIAS
Mini bús ás praias de Arnela - Cirro - San Pedro
Gratuito e con prioridade para a mocidade.
Meses de xullo e agosto
16:15 - Saída diante do hotel Alda Sada Marina
20:30 - Volta a Sada