SADA NO VI CONGRESO NACIONAL DE ECOTURISMO

25 / OUT / 2022

SADA NO VI CONGRESO NACIONAL DE ECOTURISMO

A concelleira de Promoción económica, Turismo e Emprego acompañou aos visitantes do VI Congreso Nacional de Ecoturismo polos barrios mariñeiros tradicionais e os edificios significativos do modernismo

A pasada semana Sada acolleu a visita dos e das participantes do VI Congreso Nacional de Ecoturismo que percorreron as Mariñas Coruñesas nunha viaxe de familiarización co entorno natural e humano da Reserva conxugando Turismo e desenvolvemento do territorio

A Concelleira de Promoción económica, Turismo e Emprego acompañou aos visitantes polos barrios mariñeiros tradicionais da vila así como polos edificios máis significativo do modernismo local nunha xornada para analizar, debatir e avanzar na conxugación do Turismo co medioambiente na liña do lema do congreso: Cara a neutralidade en carbono.

As xornadas foron organizadas polo Ministerio de Turismo, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo en colaboración cos municipios pertencentes ao territorio.

Arquivado en