Turismo pon en valor os símbolos sadenses declarados Ben de Interese Cultural: o Pazo de Meirás, A Terraza e o Complexo das Cerámicas de O Castro como conxunto histórico, pendente éste último da incoación por parte de Patrimonio como BIC desde o ano 2005.
A Concellería de Turismo presentou onte o novo material turístico sobre o Patrimonio BIC para difundir nos distintos espazos de información turística locais e da comunidade, cuxo obxectivo é poñer en valor o patrimonio cultural, histórico e artístico da vila. A primeira edición en circulación cun total de 500 exemplares foi realizada grazas a colaboración coa Diputación de A Coruña.
Os folletos estarán dispoñibles na Oficina de Turismo de Sada e enviaranse a outras oficinas da contorna así como a centros escolares co fín de proxectar o potencial cultural de Sada e animar a coñecer os Bens de Interese Cultural que existen no noso Concello.
A concelleira de Turismo, Laura Rodríguez, incidiu na posta en valor dos símbolos sadenses, entre eles o citado Pazo de Meirás, A Terraza ou o Complexo das Cerámicas de O Castro como conxunto histórico, pendente éste último da incoación por parte de Patrimonio como Ben de Interese Cultural desde o ano 2005.
DESCARGA O FOLLETO BICS DE SADA