-O Concello de Sada elimina o sorteo e as listas de agarda nas Escolas de Verán e admitirá por adxudicación directa a todos os veciños/as que soliciten praza.
Listaxes por quendas, bases e información
Sada 13 maio 2019.
O Concello de Sada abre desde hoxe a inscrición das Escolas de Verán con numerosas novidades con respecto aos anos anteriores.
ADXUDICACION DIRECTA: A diferencia do ano pasado nesta edición 2019 das Escolas de Verán non haberá sorteo. Os participantes que soliciten praza nas Escolas de Verán terán acceso directo sempre e cando se realice a inscrición e o pagamento entre os días 13 e 31 de maio (inclusive). Será requisito indispensable para poder formalizar a inscrición que ésta, veña acompañada do xustificante de pagamento.
NON SORTEO: As/os solicitantes das Escolas de Verán non terán que facer unha preinscrición como se viña realizando en anos anteriores e logo agardar a realizar o sorteo. Nesta ocasión elimínanse os prazos de preincripción e tamén se aumenta nunha semana (tres en total) o prazo para poder formalizar a inscrición.
NON LÍMITE DE PRAZAS: En anos anteriores establecíanse 100 prazas por quenda pero nesta ocasión non haberá límite de prazas para participar nas Escolas de Verán. As/os participantes poderán elixir indistintamente a 1ª quenda, a 2ª quenda ou ambalas dúas quendas.
SERVIZO DE MADRUGADORES: Éste servizo xa se ofertara en anos anteriores pero nuca chegou a concretarse xa que non se cubría o mínimo de solicitudes requeridas. Neste ano 2019 ofertase o Servizo de Madrugadores para conciliar a vida laboral e familiar pero para poder realizarse terá que haber un mínimo de 10 inscritos por quenda. No caso de realizarse éste servizo, as/os participantes deberán levar o almorzo. O horario de entrada no colexio será ás 08:00 h. e os participantes poderán optar a opción de bus ao REGRESO.
HORARIO: Outra novidade con respecto ao ano pasado é que as/os participantes que non soliciten o servizo do Bus poderán entrar no colexio ás 08:45 h. a diferencia do anos anteriores que era ás 09:00 h.
BASES DAS ESCOLAS DE VERÁN SADA 2019.
O Concello de Sada leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre e convoca a oferta de Escolas de Verán 2019 coas que pretende atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.
Ademais, os/as interesados/as poden solicitar información ou o folleto da convocatoria na Oficina Municipal da Xuventude, no telefono 981620331, en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (a partir do 15 xuño só estará aberto pola mañá) ou no correo: omixsada@gmail.com
Grupos de Idade:
Nenos e nenas nados/as entre 2015 e 2013 (ambos incluidos)
Nenos e nenas nados/as entre 2012 e 2007 (ambos incluidos)
Lugar de realización:
CEIP Pedro Barrié de la Maza (Mondego)
Prazas e quendas
As Escolas de Verán ofertan quendas para nenos e nenas nados entre 2015 e 2007 (ambos incluidos) entre as seguintes opcións dispoñibles:
- 1ª Quenda: 1 xullo - 12 xullo
- 2ª Quenda: 15 - 26 xullo (excepto o 25 de xullo)
Reservaranse varias prazas por quenda para participantes derivados dos servizos sociais de atención primaria, previo informe favorable dos servizos técnicos municipais.
O número por quenda será establecido segundo as necesidades do servizo. As actividades dentro do centro desenvolveranse de luns a venres de 09:00 a 14:00h (excepto o día 25 de xullo).
Este horario pode variar en función da utilización do servizo de transporte que tamén se oferta.
A entrada ás instalación estará habilitada dende as 08.45h.
Servizos ofertados
Na oferta das Escolas de Verán 2019, os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter educativo, lúdico e convivencial, que posibilite a participación do/a rapaz/a. A temática das Escolas será multiactividade, adaptada aos diferentes grupos de idade, desenvolvendo así diferentes xornadas de carácter pre-deportivo, musical, artístico, incluindo ximkanas, contacontos, obradoiros, etc.
b) Transporte de ida e volta para os participantes que así o soliciten.
c) O material necesario para a actividade.
d) Un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva e actividades de tempo libre.
e) Seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os participantes e atención sanitaria de primeiros auxilios.
f) Servizo de Madrugadores en horario de 08:00 a 09:00 h. Debe existir un mínimo de 10 solicitudes por quenda. Os participantes deben traer o almorzo da casa.
Prazo para formalizar a inscrición e pagamento da praza
Establécese un prazo único para formalizar a inscrición e o pagamento da praza para participar nas Escolas de Verán 2019 que será dende o luns 13 de maio até o venres 31 de maio.