O Concello de Sada, a través da OMIX, programa actividades de Paddle Surf e Kaiak gratuitas para maiores de 12 anos.
Listaxe persoas con praza na actividade Paddle Surf e Kaiak
Sada 26 xullo 2019.
Actividade gratuita, non inclúe desprazamento. As persoas participantes deberán ir pola súa propia conta a Gandarío.
Día e hora da actividade: 10 de agosto entre as 10.00 e 12.00h
Prazo de inscrición: até o 7 de agosto
Participantes: a partir de 12 anos
Terán preferencia as persoas empadroadas en Sada e con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos.
En caso de ter máis inscricións que prazas, priorizarase a orde de chegada segundo o rexistro no formulario online.
As inscricións son individuais.
Prazas dispoñibles: 18
Confirmación de praza o día 8 de agosto a través de correo electrónico ou chamada telefónica entre as 09.00 e as 14.00h