O Concello de Sada, a través da concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, programa actividades de dinamización para público infantil e familiar nas parroquias do municipio no mes de agosto
Desde o Concelllo búscase revitalizar as parroquias levando actividades familiares consistentes en animación ao aire libre evitando aglomeracións e desde a concellería Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, sinalan que contan "coa colaboración das asociacións nas parroquias que sempre amosan gran disposición" .
Actividades participativas serán de tipo variado onde os nenos e nenas son os protagonistas , atopar un gran tesouro convertíndose en piratas , poñer en marcha un feitizo , desfrutar dunha fonte de chocolate , xogar ao twister xigante ou realizar circuitos deportivos serán as actividades das que poderán disfrutar as familias.
- 9 de agosto - 19:00 horas - Brincadeira Pirata en Veigue
- 11 de agosto - 19:00 horas - Área de animación en Soñeiro
- 12 de agosto - 19:00 horas - Xogos xigantes en Mondego
- 24 de agosto - 19:00 horas - Contacontos Pura Alegría en Carnoedo
- 25 agosto - 19:00 horas - Os contos da bruxa Chispum "Branca e Bruxa"
- 26 deagosto - 19:00 horas - Contacontos Chocolate en Meirás
Experiencias divertidas en forma de contacontos fomentando a imaxinación e a creatividade e animación con música con circuitos e xogos . xogar e divertirse de forma segura ao aire libre .
As actividades se realizarán nas pistas polideportivas de cada parroquia.