Sada organiza dez cursos de formación para a búsqueda de emprego

20 / FEB / 2019

Sada organiza dez cursos de formación para a búsqueda de emprego

-A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local da Concellería de urbanismo e Emprego ten abertos actualmente catro cursos de formación nos que as persoas intersadas poden inscribirte cubrindo os formularios na web sada.gal ou podese chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 e 620.765.150.

-A concellería de Urbanismo e Emprego anunciará proximamente as datas de dous novos cursos un de alérxenos e outro de seguridade na construcción.

Sada, 20 febreiro 2019.

A Concellería de Urbanismo e Emprego do Concello de Sada a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME),  organiza o curso de manipulación de alimentos frescos e outro de poda.

O curso de manipulación de alimentos frescos, íntegramente subvencionado polo concello, é de interese para todas aquelas persoas que están en contacto co sector pesqueiro, comedores infantís, coa hostalaría e a alimentación en xeral. O obxectivo que se pretende acadar o curso é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria é para concienciar dos perigos potenciais que conleva a contaminación dos alimentos, coñecer as causas que provocan intoxicacións alimentarias, saber aplicar as medidas preventivas necesarias para evitar a contaminación dos alimentos, realizar unha limpeza e desinfección correcta dos utensilios e das instalación e levar a cabo un aseo e unha hixiene persoal correcta.

Pola súa banda a finalidade do curso de poda é que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para realizar a poda de árbores frutais e kiwis. A formación de dez horas de duración estará impartida por Francisco Otero Otero, Enxeñeiro Agrónomo e técnico especializado da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, e consta de dous partes, unha teórica na que se abordarán os aspectos básicos e outra práctica dedicada a poda.

Ademáis a Concellería de Urbanismo e Emprego colabora na organización de dous cursos gratuitos no marco da programación de actividades da Rede Eusumo, dirixido a persoas emprendedoras, grupos promotores de cooperativas e a persoas interesadas en xeral.

Un dos obradoiros, “Elabora o teu plan de empresa cooperativo” ten coma obxetivos mostrar desde o punto de vista práctico as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa, coñecer as ferramentas a ter en conta para facer da idea un proxecto cooperativo viable ou elaborar os distintos apartados do plan de empresa do  proxecto. No segundo obradoiro “Habilidades sociais para a xestión do conflito”, traballaranse ferramentas para mellorar as habilidades para o traballo colaborativo.

Para inscribirse aos  cursos que oferta o Concello de Sada poden cubrirse os formularios de inscrición en liña na web sada.gal ou podese chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 620.765.150

Dez cursos e charlas no último mes.

Desde a concellería de Urbanismo e Emprego se están a realizar dez accións formativas e charlas orientadas á búsqueda de emprego.

Ademáis das catro acción formativas para as que aínda poden apuntarse as persoas interesadas, o curso "Conectad@s ao emprego" que comezou o pasado 11 de febreiro ten coma obxectivo que os participantes poidan potenciar todos os seus puntos fortes na procura dun emprego acorde á súa formación e ás súas aspiracións coa axuda das ferramentas Web 2.0. 

Tamén os cursos de seguridade en plantas petroquímicas e o de seguridade e manexo de carretillas elevadoras, ambos actualmente en impartición, superaron todas as expectativas de inscrición e se están a impartir actualmente coas prazas completas.

Ademáis dos cursos desde a concellería de Emprego programáronse diversas charlas no eido do emprego. “Cómo mellorar as miñas opcións para atopar emprego?”, impartida por Beatriz Ramirez Aristu e destinada a persoas na procura de emprego, descubriu a maneira de conectar cos propios recursos para abrir novas e mellores posibilidades aos asistentes.

A concellería de Urbanismo e Emprego anunciará proximamente as datas de dous novos cursos un de alérxenos e outro de seguridade na construcción. 

Arquivado en