Sada organiza un curso Supervivencia para todas as idades

06 / AGO / 2021

Sada organiza un curso Supervivencia para todas as idades

A Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado en colaboración coa Concellería de Educación e Deporte  programan unha actividade de “Aventura e supervivencia” dirixida a todos aquelas persoas interesadas pola mesma para dotar as persoas dunha actividade fundamental para motivar, hixienizar e mellorar a vida, poñendo dita actividade ao seu alcance e facilitando o coñecemento da nosa natureza, xunto con  técnicas de supervivencia e primeiros auxilios nun contexto lúdico e de aventura.

Bases Reguladoras Aventura e Supervivencia

Destinatarios

A actividade de “Aventura e supervivencia” está dirixido a todas aquelas persoas:

Maiores de 18 anos.

Menores de entre 16 e 18 anos baixo a autorización do seu pai, nai ou titor legal.

Menores de 8 a 16 anos baixo a autorización do seu pai, nai ou titor legal.

O prezo non inclúe material específico unipersoal para a actividade coma, tenda de campaña, saco de durmir, almofada illante, comida e útiles de acampada.

O material restante incluído na actividade.

Requisitos para a práctica

Grupo mínimo de 10 persoas por saída.

Grupo máximo de ata 25 persoas por saída.

Requisitos para os inscritos

Ter 18 anos cumpridos ao remate do prazo da solicitude, así como ter cumpridos os 16 anos o día anterior do prazo da solicitude xunto coa autorización por parte do pai, nai ou titor legal.

Os menores de entre 8 e 17 anos poden inscribirse sendo autorizados polo seu pai, nai ou titor legal na ficha de inscrición da actividade.

Non ter débedas co Concello de Sada en anteriores actividades organizadas polo mesmo.

Temporalización

Inicio da actividade: 16 de Agosto de 2021

Fin da actividade: 8 de Setembro de 2021 para os participantes entre 8 e 16

3 días semanais (Luns, Martes e Mércores): de 9:30 a 13:30 h en menores de 16 anos

Sábado 10:00 a Domingo 18:00 h en maiores de idade ou maiores de 16 anos baixo a autorización por parte do seu pai, nai ou titor legal, a actividade poderá prolongarse todo o ano.

A actividade respectará os festivos locais, autonómicos e nacionais.

A práctica e percorrido estará suxeito ás inclemencias meteorolóxicas.

Punto de práctica:

Zonas verdes e naturais do Concello de Sada, coa posibilidade de desprazarse a outros municipios ou lugares de interese para a actividade no grupo de maiores de idade. Neste caso, farase cargo do desprazamento o propio participante.

O Concello de Sada reservase o dereito de efectuar as modificacións nas instalacións, horarios, profesorado, etcétera, que se consideren necesarias, ou anular algunha actividade por motivos organizativos, así como incluír outras novas.

Forma de inscrición e prazo de presentación

Entregar a ficha de inscrición no Rexistro Municipal do Concello e proceder aoIngreso de 50€ nos menores de 16 anos, e 65€ no caso dos maiores de 16,correspondente á actividade e horas en calquera dos horarios por participante, na conta bancaria ES4020805161853110007604.

Entregar xustificante do pago en Rexistro Municipal aportando fotocopia do DNI de todos os participantes, ou Libro de Familia no caso de non dispor do documento nacional de identidade, unha vez confirmada a existencia de prazas libres para participar na actividade.

Prazo aberto dende o 9 de Agosto de 2021e pechará o 3 de Setembro de 2021 para os participantes de entre 8 e 16 anos, coa posibilidade de reservar as saídas. Necesidade de avisar cunha antelación de 5 días ante a imposibilidade de acudir a unha saída pagada e programada.

  1. a) A adxudicación das prazas aos participantes levarase a cabo exclusivamente por orde de presentación no Rexistro Xeral do Concello ata esgotar a limitación do aforo.
  2. b) Esgotada a limitación do aforo, crearase unha listaxe de reserva coas persoas interesadas, no caso de que existise algunha cancelación nas saídas.

Prezos e período de pagamento

Os prezos de aplicación para o programa de “Aventura e supervivencia” serán os que se establezan no informe de prezo público dos Servizos Económicos Municipais.

Establécense un pago único por participante de 50€ en menores de 16 anos e 65€ en maiores de 18 anos, e menores de entre 16 e 18 anos con autorización do seu pai, nai ou titor lega,segundo a ordenanza reguladora de prezo público.

Arquivado en