Sada participa na campaña Construíndo Diversidade

28 / XUN / 2017

Sada participa na campaña Construíndo Diversidade

-Sada, a través da concellería de Benestar que xestiona Isabel Reimundez, participa xunto con outros 30 concellos da provincia na campaña Construíndo Diversidade, impulsada pola Deputación da Coruña como iniciativa de sensibilización na conmemoración da data reivindicativa dos dereitos da comunidade LGTBQI.

-A intención é fomentar a tolerancia e o respeto en igualdade de todas as opcións sexuais á vez que se apoia a diversidade

Sada 28 xuño 2017

Máis de trinta concellos participan na campaña Construíndo Diversidade, impulsada pola Deputación da Coruña como iniciativa de sensibilización na conmemoración da data reivindicativa dos dereitos da comunidade LGTBQI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, queer e intersexuales).

A área de Igualdade está detrás desta campaña, que chega xunto á iluminación da fachada do teatro Colón coas cores do Día do Orgullo. Nas redes sociais, este proxecto circula co hashtag #construíndodiversidade.

A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Ames, Arteixo, Arzuá, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Carballo, Cariño, Cedeira, Culleredo, Fene, Mañón, Mugardos, Muxía, Narón, Neda, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Ponteceso, Rianxo, Sada, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Tordoia e Vilasantar son os concellos que se comprometeron a difundir a campaña. Aínda que a Deputación espera que a cifra de colaboradores siga aumentando nas próximas edicións.

A intención é fomentar a tolerancia e o respecto en igualdade de todas as opcións sexuais á vez que se apoia a diversidade.  

A campaña céntrase nun deseño baseado nun xogo de elaborar palabras como metáfora da construción da diversidade da lema a través das pezas que forman os termos lesbiana, gai, transexual, bisexual, queer e intersexual. Nos concellos repartíronse folletos, bandeiras, chapas e bolsas. A través da web www.construindodiversidade.gal pódese obter máis información sobre a campaña.

Arquivado en