O goberno municipal tamén acordou na reunión de onte a suspensión do Feirón e da programación de actividades na Casa da Cultura e na Capela de San Roque.
As medidas do Concello de Sada terán efecto desde hoxe martes 19 de xaneiro e serán complementarias coas anunciadas pola Xunta de Galicia para os Concello en nivel máximo, nivel que o Comite Clínico decidiu na noite de onte incluir a Sada.
O Concello de Sada realizará labores de desinfección nas zonas de paso de transeúntes como paradas de autobús e marquesiñas, accesos aos centros educativos, edificos públicos e zonas de alta concorrencia.
Desde o Concello de Sada se solicita á cidadanía limitar a vida social nos vindeiros días e se insiste na “prudencia e sentido común”.
Sada, 19 xaneiro 2021.
O Goberno Municipal reuniuse onte para evaluar distintas medidas de protección da poboación ante o repunte de casos de COVID que está a ter a área sanitaria da Coruña e en concreto o Concello de Sada que hoxe pasa a nivel máximo de restriccións.
O Concello de Sada pechará a partir de hoxe os parques infantís e as pistas polideportivas do municipio, así como as áreas de esparcemento como pode ser a zona O Curruncho. O goberno municipal acordou tamén a suspensión do Feirón e da programación de actividades na Casa da Cultura e na Capela de San Roque.
Segundo as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, se poderán usar durante as tres vindeiras semanas as instalacións municipais deportivas só para a práctica deportiva federada de nivel nacional. neste caso haberá que solicitar as instalacións chamando á concellería de Educación e Deportes ao 981620075 extensión 262.
Desde o Concello de Sada se solicita á cidadanía limitar a vida social nos vindeiros días e se insiste na “prudencia e sentido común”.
Desinfección de zonas de moito tránsito
Na reunión celebrada onte o goberno municipal o reforzo do servizo de limpeza viaria para a realización das tarefas de desinfección de rúas, beirarrúas, marquesiñas tanto do centro urbano como das parroquias e e lugares de tránsito elevado, atendendo con maior frecuencia as rúas máis transitadas e aquelas zonas de paso en establecementos de alimentación, farmacias, bancos, estancos, etc.
O Concello de Sada realizará estes traballos co persoal de Obras e Servizos e do Servizo de Emerxencias Municipal. Tamén se deu aviso á empresa concesionaria do servizo de limpeza viaria para que proceda á desinfectar outras zonas en especial as zonas de colectores de lixo de todo o municipio.
Nivel Máximo de Restriccións da Xunta de Galicia
LIMITACIÓN DA LIBERDADE DE CIRCULACIÓN DAS PERSOAS EN HORARIO NOCTURNO
- Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
- Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
- Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
- Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
- Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
- Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
- Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
- Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
- Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
- Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.
RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS
- Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.
LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAIDA DE PERSOAS
- Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 1 de febreiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos adecuadamente xustificados.
- Para limitacións de mobilidade consulte o apartado Restricións perimetrais.
- As excepcións das limitacións de mobilidade contémplanse no número 3 do punto primeiro do Decreto 202/2020, do 3 de decembro?.
VIDA SOCIAL E COMUNITARIA
- Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis: cun máximo de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre.
- Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
- Velorios: 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos sexan ou non conviventes.
- Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas entre familiares e achegados sexan ou non conviventes.
- Bibliotecas, arquivos, museos: 50% da súa capacidade máxima permitida. As actividades culturais de grupo: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor ou guía.
- Cines, teatros e auditorios: Sentados: calculando 1,5 metros nas 4 direccións entre os asistentes cun límite máximo de 250 persoas nos espazos pechados e 500 persoas nos espazos ao aire libre.
ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DIRIXIDAS Á POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL
- Ao aire libre: o limite de participantes ao 50% da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 50 participantes, excluidos os monitores.
- Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 25 participantes, excluidos os monitores.
- As actividades deberán realizarse en grupos de ata 4 persoas participantes, sexan ou non conviventes excluidos os monitores. Os grupos deberán traballar sen contacto entre eles.
ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN
- Non está permitido o consumo no interior.
- Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 50 % das mesas.
- A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
- Horario do peche ao público: 18:00 horas (Orde do DOG núm. 260-Bis do 29 de decembro do 2020)
ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES
- Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
- Actividades de animación ou clases grupais: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluidos os monitores .
COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS E MERCADOS AO AIRE LIBRE
- Locais e establecementos, independentemente da súa superficie: Límite do aforo 50% de capacidade.
- Centros e parques comerciais: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade en cada un deles.
- Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
- A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30%.
- Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
- Mercados ao aire libre: 50% dos postos habituais ou autorizados.
- Os establecementos comerciais deberán pechar ao público ás 21:30 horas.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS NON FEDERADAS
- Instalacións deportivas ao aire libre: individual e colectiva, sen contacto físico, e como máximo de 4 persoas de forma simultánea , sen contar o monitor.
- Instalacións deportivas cubertas: grupos de ata 4 persoas sexan ou non conviventes sen contar o monitor, e sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.
CELEBRACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO
- O público sempre debe permanecer sentado tanto nas instalacións deportivas como na vía pública.
- Límite de 250 persoas para lugares pechados e de 500 se se trata de actividades ao aire libre.
ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN E ACTIVIDADE FORMATIVA XESTIONADA OU FINANCIADA POLA ADMON. AUTONÓMICA
- A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido.
FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS
- Peche das actividades.
MANTEMENTO DE HORTAS, VIDES E COIDADOS DE ANIMAIS
- Permítense os desprazamentos entre concellos a aquelas persoas que teñan cultivos, vides. ou precisen atender animais, respectando en todo ocaso a distancia de seguridade e os protocolos de prevención establecidos.
ACTIVIDADES NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE
I. Espectáculos públicos:
I.3. Espectáculos taurinos.
I.4. Espectáculos circenses.
I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.
I.7. Espectáculos pirotécnicos.
II. Actividades recreativas:
II.1. Actividades culturais e sociais.
II.3. Actividades de ocio e entretemento.
II.4. Atraccións recreativas.
II.7. Actividades de restauración.
II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III. Establecementos para o público:
III.1. Establecementos de espectáculos públicos:
III.1.4. Circos.
III.1.5. Prazas de touros.
III.1.7. Recintos feirais.
III.2. Establecementos de actividades recreativas:
III.2.1. Establecementos de xogo.
III.2.1.1. Casinos.
III.2.1.2. Salas de bingo.
III.2.1.3. Salóns de xogo.
III.2.1.4. Tendas de apostas.
III.2.2. Establecementos para actividades deportivas:
III.2.2.4. Pistas de patinaxe.
III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.
III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:
III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.
III.2.3.2. Parques acuáticos.
III.2.3.3. Salóns recreativos.
III.2.3.4. Parques multiocio.
III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais:
III.2.4.5. Salas de concertos.
III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.
III.2.7.1. Salas de festas.
III.2.7.2. Discotecas.
III.2.7.3. Pubs.
III.2.7.4. Cafés-espectáculo.
III.2.7.5. Furanchos.
III.2.8. Centros de lecer infantil.