Sada pon en marcha un servizo de atención temperá dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos

01 / OUT / 2021

Sada pon en marcha un servizo de atención temperá dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos

Entre os obxectivos do servizo está reducir os efectos de calquera déficit ou dificultade sobre o desenvolvemento do neno/a, optimizar o seu desenvolvemento, atender e cubrir as demandas da familia e da contorna no que vive o usuario ou usuaria, etc.

A través da Concellería de Servizos Sociais o Concello de Sada presenta un novo servizo de atención temperá para nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, do que forman parte tres profesionais; unha  psicopedagoga, unha  logopeda e unha mestra de educación especial.

O Servizo de Atención Temperá do Concello de Sada traballará no vindeiro mes de maneira que a intervención a cada neno ou nena sexa personalizada e adaptada as súas necesidades.

Entre os obxectivos do servizo está reducir os efectos de calquera déficit ou dificultade sobre o desenvolvemento do neno/a, optimizar o seu desenvolvemento, atender e cubrir as demandas da familia e da contorna no que vive o usuario ou usuaria, etc.

Como destaca o equipo de profesionais “a nosa pretensión é deseñar unha intervención para cada neno e nena, que serán o eixo principal da nosa acción, pero tamén para as familias de cada un deles, así como ao resto de axentes da contorna, dotándoos de ferramentas que sirvan de axuda ao correcto desenvolvemento do neno ou nena, que é o obxectivo principal e común do Servizo”.

As familias interesadas poden contactar co servizo a través del correo atenciontemperasada@gmail.com e no teléfono 608484881

 

 

Arquivado en