Sada prepara unha nova edición do Mercado Mariñeiro nas Festas do Carme

07 / XUN / 2021

Sada prepara unha nova edición do Mercado Mariñeiro nas Festas do Carme

A Concellería de Promocion Económica, Turismo e Emprego é sensible á situación de dificultade económica e social que a pandemia está a provocar e entende que as celebracións populares teñen un compoñente dinamizador da economía local, xunto cun potencial de atracción de visitantes.

Decreto Aprobación de participantes Feira Mercado Mariñeiro

BASES E ANEXO CON FOLLA DE INSCRICIÓN NO MERCADO MARIÑEIRO

MERCADO MARIÑEIRO DECLARACIÓN RESPONSABLE PERSOAS AUTORIZADAS

Sada, 5 xuño 2021

Este ano estamos inmersos nun contexto especial condicionado pola pandemia e pola necesidade de buscar novas fórmulas que permitan o encontro da cidanía arredor das súas festas e tradicións. Deste xeito a concellería de Promocion Económica, Turismo e Emprego está a preparar unha noca edición do Mercado Mariñeiro que se celebrará durante as Festas do Carme.

O mercado instalarase no Paseo Marítimo de Sada, á altura da zona portuaria e os artesanas que participen terán que dispor dunha carpa ou posto de venda decorado e ambientado para recrear a temática mariñeira.

O número máximo de prazas dispoñibles é de 30 xa que hai que cumplir coas medidas de seguridade que impón a situación actual e a distribución tratará de respectar, na medida do posible, a separación entre produtos iguais ou da mesma natureza.

O Mercado mariñeiro enmárcase dentro da “Feira do Mar” que organiza a concellería de Promoción Económica e Turismo. Ambas están tamén incluídas dentro do marco da celebración das Festas do Carme en Sada 2021, nas que o Concello de Sada e a Confraría de Pescadores actúan como organizadores.

A inscrición poderá realizarse do 8 ao 21 de xuño a travÉs da sede electrónica do Concello de Sada: sede.sada.gal.

O contido do programa aínda por pecharse de forma definitiva incluirá propostas como pasarrúas de música tradicional, contacontos ata pequenos concertos de música infantil e para público familiar e espectáculos de clown e acrobacias na rúa.

Arquivado en