Sada presente no catálogo colectivo da Rede de bibliotecas públicas de Galicia

25 / XUN / 2019

Sada presente no catálogo colectivo da Rede de bibliotecas públicas de Galicia

A Biblioteca Municipal integrarase no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia mañá mércores 26 de xuño.

Sada, 25 xuño 2019

A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de Sada integrarase a partir de mañá mércores 26 de xuño no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Os principais cambios nas normas do servizo de préstamo a partir desta data son os seguintes:

  • O carné necesario para facer uso do servizo de préstamo será o da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que se fará de balde na propia Biblioteca. Será imprescindible a presentación do carné para facer uso do servizo de préstamo. A perda reiterada do carné conlevará sanción. O carné é válido para as seguintes bibliotecas: Listaxe Bibliotecas  
  • Cada usuaria/o poderá levar un total de 10 préstamos da Biblioteca (20 en toda a Rede). O total por tipo de material cóntase por biblioteca do seguinte xeito:

 

Tipo lector

Tipo documento

Máx. doc./Tempo

Renovacións

Adulto

Libros

5 durante 21 días

1 de 21 días

Audiovisuais

2 durante 7 días

1 de 7 días

Sonoros

2 durante 7 días

1 de 7 días

Arquivos de ordenador

1 durante 7 días

1 de 7 días

Revistas

2 durante 7 días

1 de 7 días

Infantil

Libros

5 durante 21 días

1 de 21 días

Audiovisuais

2 durante 7 días

1 de 7 días

Sonoros

2 durante 7 días

1 de 7 días

Arquivos de ordenador

1 durante 7 días

1 de 7 días

Revistas

2 durante 7 días

1 de 7 días

 

  • A devolución de documentos fóra do prazo de préstamo conlevará sanción (1 día por cada documento atrasado e día sen poder usar o préstamo a domicilio).
  • A renovación de documentos poderá solicitarse transcorridos 5 días da realización do préstamo e ata o día da súa caducidade, tanto por teléfono coma na biblioteca ou por internet desde a túa sesión do catálogo. Non se permitirá a renovación de documentos reservados, nin se renova a usuarias/os sancionada/os ou con préstamos fóra de prazo.
  • Podese facer unha reserva desde a conta do usuario do catálogo, desde calquera biblioteca ou por teléfono. O prazo para recoller reservas será de 3 días dende que é avisado a/o usuaria/o. De non recoller as reservas neste prazo, estas serán canceladas. Tamén se cancelarán as reservas das/os usuarias/os sancionadas/os ou con préstamos fóra de prazo.
  • Podese consultar aquí os documentos dispoñibles na Biblioteca  

Arquivado en