-Marisa Rúa, Fernando Bouzón e Juan Méndez, participarán no Mundial de Duatlón World Championships que se celebra este sábado en Pontevedra.
Sada 23 abril 2019.
Logo de meses de dura preparación os sadenses Fernando Bouzón, Marisa Rúa e Juan Méndez, do Club Atletismo Sada participarán na competición internacional de duatlón en distancia sprint (5 quilómetros carreira a pé - 19,4 quiómetros bicicleta- 2,5 quilómetros carreira a pé) dentro do 2019 ITU Pontevedra World Championships que terá lugar este fin de semana en Pondevedra.
Desde o Concello de Sada felicitan ao club sadense, á seción do Trisada e a/os deportistas polo gran esforzo que os levou a clasificarse para esta proba internacional.
O 2019 ITU Pontevedra World Championships, que se celebra entre o 27 de abril e o 4 de maio, será o Mundial Multisport de maior participación da historia, xa que conta con máis de 4.000 deportistas inscritos entre os Campionatos do Mundo de Dúatlon, Tríatlon Cros, Acuatlón, Aquabike e Tríatlon de Longa Distancia.
Pontevedra 2019 é, ademais, o campionato internacional con máis españois inscritos. Outro dato significativo é a alta porcentaxe de mulleres que tomarán parte nalgunha das probas, case o 33% do total (1.300 mulleres) cando o habitual neste tipo de probas sitúase ao redor do 25%.
A disciplina que congregará un maior número de deportistas é o dúatlon (1.280), coas modalidades sprint e standard, seguida polo Mundial de Tríatlon de Longa Distancia con 900 triatletas, entre elite e grupos de idade.