Sada programa a IV Exposición da Camelia das Mariñas

13 / FEB / 2020

Sada programa a IV Exposición da Camelia das Mariñas

Aberta a inscrición para a mostra floral que terá lugar na Casa da Cultura o 14 e 15 de marzo.

Segundo a  Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego, Laura Rodríguez, “a Camelia está máis de moda que nunca polo que agardamos repetir o éxito de público e participantes da pasada edición”.

Sada, 12 febreiro 2020.

A cuarta edición da Exposición A Camelia dás Mariñas transformará de novo a Casa da Cultura Pintor Lloréns nun selecto xardín, onde poderán verse multitude de variedades desta flor escollidas con mimo e bo gusto entre os cultivadores.

“A Camelia está máis de moda que nunca, e agardamos repetir o éxito de público e participantes da pasada edición”, apunta Laura Rodríguez, concelleira do área

O 3 de marzo pecharase a inscrición nesta mostra que é gratuíta e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través do Pazo de Mariñán e da Sociedade Española de la Camelia.

As persoas interesadas en participar como expositores poden inscribirse ben por teléfono no número 981 620 075 (Extensión 264), ou por correo electrónico na dirección turismo@sada.gal, achegando o nome, dirección, e contacto. Por motivos de espazo terán prioridade as persoas rexistradas que sexan da área das Mariñas Coruñesas.

A mostra poderá visitarse o sábado, día 14 de marzo, en horario de 12.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00, e o domingo 15 de 12.30 a 14.00 e de 16.00 a 18.00.

 

Arquivado en